ALCALDÍA
Encontro do alcalde co saínte almirante do arsenal militar de Ferrol, Santiago Bolíbar
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co almirante do arsenal militar de Ferrol, Santiago Bolíbar, con motivo da súa marcha a Rota para exercer o cargo de almirante da Flota da Armada.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a inclusión de tres inmobles no Rexistro de Soares
Na súa sesión ordinaria semanal, a Xunta de Goberno aprobou ditar a orde de inclusión no Rexistro de Soares e Edificacións que cómpre rehabilitar de tres inmobles, situados na rúa dos Loureiros (nº14), na praciña das Penas (nº 5) e na rúa de San Roque (nº 23).
TURISMO
A Asociación Hostalería Compostela acolle o proceso de preselección das tapas preinscritas en "Santiago(é)Tapas"
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, José Antonio Liñares e Xesús Sordo, visitaron o local da asociación, onde entre o luns e o mércores desta semana os establecementos preinscritos na cuarta edición de Santiago(é)Tapas prepararán as súas receitas, que serán valoradas por un xurado de preselección, que ten por obxectivo garantir a calidade de todas as tapas que participen no concurso.