PLENO
A Corporación municipal aproba a conxelación de todos os impostos e prezos públicos e da meirande parte das taxas
Unha vez estudadas e rexeitadas as alegacións presentadas, o Pleno da Corporación Municipal aprobou esta mañá definitivamente a modificación das ordenanzas fiscais. Tal como explicou a concelleira de Facenda, Rosa Fernández, a medida tradúcese "na conxelación de todos os impostos, a conxelación de todos os prezos públicos, a conxelación da meirande parte das taxas e unha actualización moderada de cinco ordenanzas: as relacionadas co ciclo da auga e do estacionamento de vehículos e grúa...
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo ás obras do Centro de Creación Cultural do barrio da Almáciga
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, iniciou o proceso de contratación das obras do Centro de Creación Cultural da Almáciga, incluídas no Programa Urbana Santiago Norte.
ALCALDÍA
As prioridades dos orzamentos de 2011 serán a atención aos máis desfavorecidos e a calidade dos servizos básicos
O proxecto de orzamentos para 2011 será aprobado pola Xunta de Goberno o martes 21 de decembro, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Son unhas contas que se reducen un 10% respecto ás de 2010, pero que atenderán, segundo indicou, a tres prioridades: atender os sectores sociais máis desfavorecidos, garantir a calidade dos servizos básicos e completar o xa empezado.
URBANISMO
Entregados os premios do Concurso de Debuxo "A miña rúa, o meu barrio"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega dos premios do I Concurso de Debuxo Infantil A miña rúa, o meu barrio, organizado por EMUVISSA dentro dos actos do seu décimo aniversario. A esta primeira edición do concurso presentáronse 92 debuxos.
ALCALDÍA
O alcalde agradece aos xubilados de 2010 o seu labor para o ben da cidade
Os traballadores municipais xubilados no transcurso deste 2010 foron recibidos, como cada ano por estas datas, polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen lles entregou unha placa en recoñecemento ao seu labor.
VIVENDA
Compromiso para o financiamento de novas fases das áreas de rehabilitación e das urbanizacións da Muíña e Lamas de Abade
A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, participou na Coruña na Comisión Bilateral de Vivenda. Na mesma, asinou coa secretaria de Estado de Vivenda, Beatriz Corredor, e co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o convenio para o financiamento das diferentes fases das ARI de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico. Ademais, o Ministerio de Fomento comprometeuse a achegas para as urbanizacións dos solos da Muíña e Lamas de Abade.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebrou o seu Festival de Nadal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e a concelleira de Educación Mercedes Rosón Ferreiro, asistiron ao Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Neste concerto plasmouse o traballo do profesorado e do alumnado nos últimos meses.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba un orzamento de 11,6 millóns de euros para 2011
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración do Consorcio de Santiago. Na reunión aprobouse un orzamento de 11.650.181 euros para o exercicio 2011, destinados desenvolver os proxectos e programas do organismo interadministrativo, orientados a promover as políticas de recuperación urbana e de dinamización turístico-cultural da cidade, ademais da atención dedicada ao Programa de Información, Estudo e Interpretación da Cidade Histórica.