ALCALDÍA
Os pequenos ilustradores do Nadal de Compostela recibiron os seus premios
Como cada ano, os gañadores do Concurso de Carteis de Nadal recibiron os seus premios nun acto celebrado en Raxoi e presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Foron os primeiros agasallos para uns rapaces e rapazas cuxa imaxinación ilustra o cartel e o programa destas festas en Compostela.
URBANISMO
As cidades galegas apostan pola rehabilitación fronte á crise
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuniuse en Raxoi cos concelleiros de Urbanismo das outras seis cidades galegas. Foi unha posta en común das preocupacións que lles afectan en cuestións como o planeamento, o urbanismo en rede ou as relacións coas administracións autonómica e estatal.
DEPORTES
A cidade recoñece a boa temporada do Club Tríatlon Bricosa
O Club Tríatlon Bricosa vén de rematar a temporada 2009, consolidándose coma un dos mellores equipos no tríatlon español. O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, e parte da Corporación recibiron a directiva e os integrantes da formación compostelán.
ALCALDÍA
Uxía Pérez e Mª Ángeles Rozados gañan o XV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego
O XV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego tivo como gañadoras a Uxía Pérez Astray, polo seu traballo Os chapeus e a Mª Ángeles Rozados Fernández, cun traballo titulado Unha aportación ao estudo do traxe galego: Santiago e comarca no século XVII.
XUNTA DE GOBERNO
A baixada de bandeira dos taxis composteláns queda fixada en 3,30 euros
A Xunta de Goberno aprobou as tarifas de auto-taxi para o ano 2010. A tarifa mínima de baixada de bandeira queda establecida en 3,30 euros en horario diurno. O importe por quilómetro percorrido será de 0,86 euros.
CULTURA
A Orquestra Árabe de Barcelona trae a Sons da Diversidade a súa mestizaxe de músicas mediterráneas
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura, celebra o sábado 12 de decembro o segundo concerto da tempada 2009-2010. O Auditorio de Galicia acolle ás 21:00 horas a actuación da Orquestra Árabe de Barcelona, un combo de oito músicos que recolle os sons mestizos do Mediterráneo para falar de paz, de integración, de tolerancia e de convivencia. O prezo da entrada é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.