ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao novo embaixador de Venezuela en España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao novo embaixador de Venezuela en España, Isaías Rodríguez.
ALCALDÍA
Romanía e Santiago tenden lazos económicos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o gobernador do Banco Nacional Romanés, Mugur Isarescu. Este atópase en Santiago para participar nun foro con empresarios galegos.
EMPREGO
Os alumnos do segundo semestre dos cursos do Plan de Formación 2009 reciben os seus diplomas acreditativos
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou os diplomas ao alumnado dos cursos do Plan de Formación 2009 desenvolvidos no segundo semestre do ano. Das 26 accións formativas programadas no plan, 19 impartíronse nos cinco últimos meses, e o resto no primeiro semestre.
CULTURA
A obra de Claudia Brenlla clausura as sesións especiais "Emerxentes" de Cineuropa
Culminan en Cineuropa as sesións especiais Emerxentes. A cuarta estará dedicada a Claudia Brenlla, cineasta galega nada no Brasil que presentará, a partir das 20:00 horas do xoves 26, na Aula Sociocultural Caixa Galicia, a curtametraxe Bata por fóra (Muller por dentro) e a mediometraxe documental O club dos sen teito.
IGUALDADE
Benestar Social e Igualdade dá un novo impulso á conciliación en Santiago de Compostela
Santiago únese á iniciativa de levar a cabo un diagnóstico de usos de tempo na cidade, promovido pola Consellería de Traballo e Benestar. O Concello, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, realizou ao longo dos meses de outubro e novembro un proxecto no que se estimaron as necesidades de conciliación dentro da cidade, tendo en conta a estruturación e usos do tempo da poboación compostelá.
PLENO
O Concello compostelán insta á Xunta e retirar o anteproxecto da Lei de Augas e a crear o Observatorio Galego da Violencia de Xénero
O Pleno municipal aprobou una proposición, presentada polo grupo municipal socialista, instando á Xunta de Galicia a retirar o anteproxecto da Lei de Augas de Galicia. Solicítase a elaboración dun novo, que siga un "estreito cumprimento da Directiva Marco da Auga", incluíndo todos os preceptos da mesma. Ademais, demándase "unha fiscalidade progresiva para auga en Galicia, que chegue a todos os cidadáns e ás cidadás e a todos os territorios de igual xeito, para o que será necesario que exista un acordo de...
PLENO
O Pleno ratifica o apoio institucional á Facultade de Medicina de Santiago
O Pleno municipal ratificou a declaración institucional do Consello Económico e Social en defensa da Universidade de Santiago de Compostela. Esta declaración fora aprobada polo Consello o 16 de novembro.
PLENO
O concelleiro de Turismo nega no Pleno calquera irregularidade nas facturas de Incolsa
O concelleiro de Turismo Xosé Manuel Iglesias compareceu ante o Pleno municipal a petición propia para contestar ás acusacións vertidas en relación á empresa Incolsa. Neste sentido Iglesias reiterou que "o Concello de Santiago e a empresa municipal de turismo non teñen nada que ocultar porque non hai nada irregular na súa xestión".
ALCALDÍA
O alcalde expresa o seu orgullo pola selección do proxecto "Campus Vida" da USC como Campus de Excelencia Internacional
A elección do proxecto Campus Vida como Campus de Excelencia Internacional, foi cualificada como "motivo de orgullo" polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O proxecto da Universidade de Santiago foi elixido en sexto lugar de entre os nove finalmente seleccionados. É o único de Galicia e tamén o primeiro de universidades que non pertenzan a Madrid ou Barcelona.