CULTURA
Doce artistas galegos homenaxean á vaca galega na mostra "Mú (Temos moito que dicir)"
Mú (Temos moito que dicir). Creadores no país das vacas é o nome da mostra que se inaugura o xoves 17 na Casa da Parra, organizada pola Concellaría de Cultura e a Consellería de Cultura a partir dunha iniciativa do xornal Galicia Hoxe.
CONSORCIO
Unha nova publicación indaga na historiografía artística galega
O Consorcio de Santiago presentou na Catedral o libro "El manuscrito de fray Bernardo Foyo y el plano de fray Plácido Caamiña ", de Paula Pita Galán, baseado nun manuscrito do século XVIII.
ALCALDÍA
Nova mostra surrealista na Fundación Granell
Na Fundación Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición Susana Wald e Ludwing Zeller: diálogo.
TURISMO
"Sardiña de San Xoán", Mellor Tapa 08 de SANTIAGO(é)TAPAS
O I Concurso SANTIAGO(é)TAPAS púxose de gala para a entrega dos premios ás mellores tapas de Santiago de Compostela no 2008. O acto, celebrado a tarde do mércores 16 no Hotel AC Palacio do Carme, contou coa asistencia de máis de 250 persoas, na súa maior parte relacionadas co mundo da gastronomía, a hostalaría e o turismo. O premio á Mellor Tapa foi para a "Sardiña de San Xoán" e consistiu en 1.000 euros e unha campaña de publicidade en medios locais valorada en máis de 1.500 euros....