ALCALDÍA
O Concello respalda os primeiros pasos da Asociación Parkinson Compostela
Os representantes da Asociación Parkinson Compostela, presidida por Carmen Guillín, pasaron por Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela promociónase no Estado brasileiro da Bahía
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza, entre o 1 e o 6 de xuño, unha misión para promocionar Santiago en Salvador de Bahía (Brasil). A misión, encabezada polo concelleiro Xosé Manuel Iglesias, estará integrada por representantes do sector turístico da cidade, do ámbito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e do sector empresarial.
PLENO
Néstor Rego formalizou a súa renuncia como concelleiro
O ata agora tenente de alcalde e concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, deu conta o Pleno da súa renuncia como membro da Corporación municipal. Este anunciara a súa marcha do Concello nunha rolda de prensa o 24 de maio.
PLENO
A concelleira de Seguridade Cidadá deu conta ao Pleno da sentenza que invalida o convenio do Parque Comarcal de Bombeiros
Na sesión ordinaria do Pleno municipal, a concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, deu conta da sentenza do Tribunal Supremo que invalida o convenio asinado no seu día para a creación do Parque Comarcal de Bombeiros.