ALCALDÍA
O tenente xeneral Juan Yagüe agradece a acollida de Santiago nos seus anos ao fronte da Forza Loxística Operativa do Noroeste
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao xeneral xefe da Forza Loxística Operativa do Noroeste, Juan Yagüe Martínez del Campo, que o 17 de abril pasará á reserva. Este agradeceu a colaboración do rexedor compostelán nos seus anos ao fronte desta unidade e a acollida dos composteláns neste tempo.
EDUCACIÓN E INFRAESTRUTURAS
Adxudicadas as obras da Aula de Coñecemento do Medio Rural da Portela (Figueiras)
O Goberno local adxudicou as obras de reforma e ampliación da antiga escola rural da Portela (Figueiras), para destinala a Aula de Coñecemento do Medio Rural. O orzamento é de 389.420 euros e o prazo de execución de tres meses e medio.
EDUCACIÓN
Ábrense os prazos de reserva e solicitude para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva e solicitude para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Música. O primeiro prazo é o da reserva dos alumnos actuais, que irá do 21 de abril ao 9 de maio.
URBANISMO
Obras de urbanización en Santas Mariñas por algo máis dun millón de euros
A unidade de xestión 16 de Santas Mariñas, entre a rúa Picaños e a propia rúa de Santas Mariñas, será urbanizada nun prazo de catro meses e por un importe de 1.046.820 euros. Así o acordou a Xunta de Goberno na súa última xuntanza.
CIDADE HISTÓRICA
O Concello inicia a modificación puntual do Plan Especial para as sedes do Museo de Santiago e do auditorio de Caixanova
O Goberno local iniciou o procedemento para modificar puntual mente o Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica, co obxecto de adaptar ao mesmo o que serán as novas sedes do Museo das Peregrinacións e do Centro Sociocultural Caixanova, na antiga sede do Banco de España e no edificio do Pilar, respectivamente.
FESTAS
Case 200.000 euros para as Festas da Ascensión
A Xunta de Goberno aprobou o orzamento das Festas da Ascensión 2008, que se celebrarán do 30 de abril ao 4 de maio.
COMERCIO
Compostela Outlet conta con 117 comercios preinscritos
Ata 117 establecementos comerciais formalizaron a preinscrición para participar en Compostela Outlet. II Feira do Comercio polo miúdo, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do programa Marzo, mes do comercio. Esta cifra representa un 50% de incremento sobre a primeira feira de saldos celebrada en 2007, na que participaron 78 comercios.
CULTURA
Continua Compostela Máxica logo dunha Gala de Apertura que ateigou o Teatro Principal
Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo continúa enchendo as rúas da cidade de maxia e ilusión. O sábado 12 foi o pistoletazo de saída cunha Gala de Apertura que encheu o Teatro Principal e incluso deixou a moitos sen poder gozar deste primeiro espectáculo de maxia. A idea da organización era celebrar esta Gala na Praza da Quintana, pero tivo que mudar de lugar por culpa da choiva.