CURTOCIRCUÍTO
"Quérote mal", a curta rodada na pasada edición de CurtoCircuíto, recolle novo premio
Son xa 21 os Premios recollidos polo equipo da curtametraxe "Quérote mal", cuxo guión –de Mirela Giró- foi o gañador da pasada edición de CurtoCircuíto. O filme foi rodado en Santiago de Compostela, como este ano aconteceu con "Bechos Raros". Nesta ocasión, "Quérote mal" recibiu o galardón na V edición de "El Pecado 2006" que se celebrou no concello de Llerena, en Badajoz.
CULTURA
O Festival d’Gorra comeza unha nova semana de actuacións
Tras unha xornada de descanso e de novo con bo tempo, o Festival d’Gorra retoma as súas actividades da man de prestixiosas compañías e artistas de circo. Entre outras, estréase Manic Freak cun espectáculo que invita a buscar o neno interior de cada un.
CULTURA
Os Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers despídense de "Feitoamán"
A noite do martes 22 é a última ocasión para asistir ao espectáculo musical dos inclasificables Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers. Actuarán ás 22:30 e, á mesma hora, nova ocasión para gozar da música do cantautor Fermín Romero.