PARQUES E XARDÍNS
O Concello investirá máis de 92.000 euros na creación dun novo parque infantil en Meixonfrío
O Departamento de Parques e Xardíns acometerá nos vindeiros días a creación dun novo parque infantil en Pozo da Neve (Meixonfrío) e o acondicionamento e renovación doutros catro en Doutor Maceira, Santa Marta, A Peregrina e Parque de Xixón. En total, estas obras, pendentes de adxudicación, suporán un investimento de 264.574 euros.
URBANISMO
As 650 vivendas do SUP-7 de Pontepedriña comezarán a construírse a finais de ano
O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) aprobou sacar a licitación as obras de urbanización do SUP-7 de Pontepedriña, onde se levantarán 650 novas vivendas. Os traballos adxudicaranse en outubro e a previsión é que comecen a finais de 2006 ou principios do ano que vén. O orzamento será de 5.944.000 euros.
DEPORTES
Recoñecemento aos éxitos do equipo de fútbol sala feminino Funeraria Apóstol
O equipo de fútbol sala feminino Funeraria Apóstol pasou polo Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, trala súa recente victoria no Campionato de España.
EDUCACIÓN
Vacacións en paz para os nenos e nenas saharauís
Ao igual que en anos anteriores, a Concellaría de Educación pon en marcha o programa Vacacións en paz, grazas ao cal un grupo de nenos e nenas saharauís son acollidos por familias compostelás. Estes rapaces e as súas familias santiaguesas foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e outros membros da Corporación.