COMERCIO
Abrese o prazo de inscrición na edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
As bases e o formulario de inscrición para participar na Edición de Nadal do IV Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007 xa están a disposición dos comerciantes na páxina web www.maiscompostela.org da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O prazo para apuntarse remata o 14 de decembro. Está previsto que o departamento comence a remitir toda a información relativa ao concurso aos aproximadamente 2.500 comercios que existen en Santiago.
CULTURA
Cineuropa traerá 70 estreas ás pantallas compostelás
O festival Cineuropa alcanza xa a súa vixésimo primeira edición, consolidado xa como un certame de referencia e unha oportunidade única para gozar de filmografías que en moitos casos non chegan aos circuítos comerciais. Nesta ocasión proxectaranse 115 filmes, dos cales 70 son estreas absolutas.
URBANISMO
Inícianse os trámites para documentar a parte non aprobada do PXOM
O Goberno municipal adxudicou polo procedemento de urxencia o contrato complementario para a xustificación e adaptación da parte non aprobada do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A Oficina de Planeamento encargarase deste proceso e o importe do contrato é de 135.024.
REHABILITACIÓN
Máis de 330.000 euros en axudas para rehabilitación de vivendas
A Xunta de Goberno local aprobou definitivamente axudas por importe de 337.597 euros, para rehabilitación de vivendas. Deste importe, a Xunta achega o 43% e o Ministerio o 57% restante.
DEPORTES
Deportes concede case 70.000 euros para 35 actividades puntuais
A Concellería de Deportes determinou os 35 eventos que se beneficiarán das subvencións destinadas ao fomento de actividades deportivas puntuais en 2007. En total concédense axudas por importe de 69.538 euros.
MOBILIDADE E FACENDA
O Concello inicia os trámites para contratar a xestión das infraccións de tráfico
O Goberno local aprobou o prego e iniciou o expediente de contratación da xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano. O importe de licitación é de 300.000 euros ao ano e o prazo de duración do contrato será de dous anos.
ALCALDÍA
Concretados os prazos legais para a posta en marcha do Rexistro Mercantil
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa directora xeral de Rexistros e Notarías, Pilar Blanco-Morales, na cal se concretaron os prazos previstos para que comece a funcionar o novo Rexistro Mercantil de Santiago.
RELACIÓNS VECIÑAIS
A Casa das Asociacións estará en funcionamento antes do verán de 2008
Avanzan a bo ritmo as obras na Casa das Asociacións. Así se puido constatar na visita que realizou ás mesmas o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A falta dalgunhas obras complementarias e do equipamento posterior, o complexo poderá ser inaugurado entre a primavera e o verán de 2008.
DEPORTES
Destacados especialistas en xestión deportiva reuniranse en Compostela o 10 de novembro
O presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco, reuniuse en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co concelleiro de Deportes, Andrés Fariña.
EDUCACIÓN E MOBILIDADE
Unha obra de teatro para amosar a importancia da educación viaria
Dentro da Campaña de Educación Viaria e na Autoprotección "¿Onde está o perigo?", programouse para o 5 de novembro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia, a representación da obra de teatro musical "133.6 FM. No espazo interior". Teñen confirmada a súa participación máis de 250 escolares de secundaria do IES Rosalía de Castro, Centro de Educación Especial O Pedroso, CPI dos Dices (Rois) e IES de Esparís (Brión).