ALCALDÍA
Representantes das casas museo de escritores de España e Portugal reúnense en Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a algúns dos participantes no I Congreso Ibérico de Casas Museo de Escritores, que se celebra na Cidade da Cultura. No marco deste encontro constituirase a Asociación Ibérica das Casas Museo de Escritores, unha iniciativa pioneira que integrará entidades de Portugal e do conxunto de España.
COMERCIO
O Concello pon a disposición do sector comercial 41 cheques de consultoría gratuíta
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi os cheques de consultoría gratuíta que o Concello pon a disposición do sector comercial dentro do Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciado con Fondos Feder. Esta acción ten coma obxectivo global mellorar a imaxe e a competitividade dos beneficiarios.
CULTURA
As Churras presentan "A Triloxía: Clitemnestra- Electra-As Furias" na Zona "C"
O director-xerente do Auditorio de Galicia e Xiana Carracelas e Iria Sobrado, dúas das compoñentes do colectivo As Churras presentaron o seu novo traballo, A Triloxía: Clitemnestra-Electra-As Furias, que presentarán este mes na Zona "C". Será os venres, sábado e domingos dende este venres, día 12, ata o domingo 28. Os venres e sábados representaranse, respectivamente, Clitemnestra e Electra ás 20:30; e os domingos poderemos ver As Furias a partir das 19:30 horas.
CONSORCIO
O Consorcio programa talleres infantís na nova sede do Museo das Peregrinacións
O sábado 13 de outubro comezará a funcionar na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, o servizo de talleres infantís. O Consorcio de Santiago programou tres sesións cada fin de semana, orientadas a nenos de entre 6 e 12 anos: os sábados ás 12:00 e 18:00 horas e os domingos ás 12:00 horas.
ALCALDÍA
Unha comisión de traballo integrada por Concello, Xunta e Fomento activará o proxecto da estación intermodal do Hórreo
O vindeiro luns, 15 de outubro, constituirase en Madrid unha comisión de traballo integrada por técnicos do Concello, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Fomento, para avanzar no desenvolvemento do proxecto de estación intermodal. Así o anunciaron o alcalde, Ángel Currás, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, tras a reunión mantida entre ambos en Raxoi.
TURISMO
Turismo de Santiago asiste en Noruega a unha reunión do Proxecto Certo para a promoción do Camiño en Europa
Turismo de Santiago participará mañá martes en Trondheim, Noruega, nunha reunión técnica do Proxecto Certo, no que entidades de catro países promocionan conxuntamente tres Itinerarios Culturais Europeos que comparten o feito de ser rutas de peregrinación con grande influencia na Idade Media: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxen e a Ruta de San Olaf.
TURISMO
O Centro Superior de Hostalería de Galicia abriu o curso 2012-2013
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu á inauguración do curso do Centro Superior de Hostalería de Galicia. No acto tamén participaron, entre outros, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares.
DEPORTES
Éxito de participación no Día da Bicicleta e na xornada de promoción do karate
Os composteláns saíron á rúa para participar no XXII Día da Bicicleta, vivindo nunha xornada de lecer e convivencia. Por outra parte, no pavillón de Pontepedriña, numerosos pequenos e pequenas asistiron á xornada de promoción do karate.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a touroperadores e axentes de viaxe rusos
Un grupo de 17 touroperadores e axentes de viaxe rusos puideron coñecer onte a cidade da man de Turismo de Santiago, grazas a unha viaxe de familiarización organizada por Turgalicia e no que colabora a empresa municipal de promoción turística. O obxectivo é que se inclúa a Santiago dentro das ofertas de viaxes organizados a España para o mercado emisor ruso, que actualmente é o de maior crecemento no conxunto do país.
ALCALDÍA
O autobús informativo con motivo da Semana do Cerebro permaneceu aparcado na praza do Obradoiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, visitaron o autobús que con motivo da Semana do Cerebro se instalou na praza do Obradoiro. Esta iniciativa ten como obxectivo promover a prevención activa do cerebro e axudar a detectar os síntomas das enfermidades neurolóxicas.