IGUALDADE
Un traballo sobre a transexualidade gaña o I Premio de Ensaio Xohana Torres
O estudo titulado Transféminas ou como deconstruír o corpo co martelo, de Iria Presedo Martínez fíxose co I Premio de Ensaio Xohana Torres. O nome da gañadora deuse a coñecer nun acto celebrado en Raxoi con motivo do Día Internacional da Muller, ao que acudiron as autoras dos cinco traballos presentados a esta convocatoria.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle unha mostra sobre "Solidaridad Obrera"
A Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3 – antiga estación de Cornes) acolle dende mañá martes, 9 de marzo, e ata o sábado 13, a exposición "1907-2009. 100 anos de imprensa anarco-sindicalista e obreira", organizada pola Confederación Nacional do Traballo CNT-AIT.
TURISMO
A exposición "Ao pé do lar" poderá visitarse ata o 21 de marzo no Museo do Pobo Galego
A mostra "Ao pé do lar",enmarcada nas actividades paralelas do Fórum Gastronómico Santiago 2010 como unha homenaxe a dous mil anos de historia de gastronomía galega, amplía en dúas semanas o seu prazo de apertura ao público dada a importante repercusión que está tendo.
ALCALDÍA
Pistoia propón irmandarse con Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xose A. Sanchez Bugallo, mantivo un encontro co alcalde de Pistoia, Renzo Berti, e co alcalde de Assisi, Claudio Ricci, à sua chegada à vila de Assisi.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local entregou as súas súas medallas o día do seu patrón
A Policía Local celebrou a festividade do seu patrón, o Santo Anxo da Garda. Con tal motivo celebrouse un acto en Raxoi, coa presenza de distintas autoridades civís e militares, no que o Corpo entregou as súas medallas.
IGUALDADE
O Concello homenaxea a oito mulleres polo seu labor social
Como cada ano, o Concello de Santiago súmase aos actos con motivo do Día Internacional da Muller. O acto central será o xoves 11, cun acto de homenaxe a oito mulleres en recoñecemento do seu labor social e en prol da cidadanía.
ALCALDÍA
O Plan de Difusión Exterior de Compostela comeza con actos en catro cidades italianas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de varios concelleiros e de diferentes representantes sociais e académicos da cidade, viaxará a Italia os días 7, 8 e 9 de marzo. Ponse así en marcha a primeira das accións do recentemente presentado Plan de Difusión de Compostela 2010.
SEGURIDADE CIDADÁ
Compostela segue a rexistrar uns índices baixos de delitos
A concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano e o xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, fixeron balance do traballo desenvolvido por este corpo durante o 2009. Das mesmas dedúcese que Santiago segue a ser unha cidade segura polo seu índice de delitos.
TRANSPORTES
TUSSA incrementa os seus orzamentos ata case os dous millóns de euros
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) afronta o novo exercicio 2010 cun orzamento equilibrado entre ingresos e gastos de 1.941.796 euros, un 25,84% superior ao presupostado para 2009. Así o aprobou o consello de administración da sociedade, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CIDADE HISTÓRICA
A área de San Frutuoso convértese nun singular labirinto de buxo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a reurbanización da área de San Frutuoso, acompañado da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira. Esta actuación, integrada no Fondos Estatal de Inversión Local, tivo un custo de 730.000 euros e supuxo a intervención sobre un ámbito de 1.792 metros cadrados.