CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación de Nadal da Concellería de Centros Socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais oferta un ano máis nas datas das vacacións escolares de Nadal un programa educativo de tempo libre que se desenvolverá nas mañás dos días 26, 27, 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, con horario de conciliación para as familias compostelás. Neste Nadal o rural tamén se incorpora a estes Campamentos Abertos de Nadal. O prazo de preinscrición comeza este venres, 16 novembro, e rematará o mércores 5 de decembro.
ALCALDÍA
O alcalde confía en que o novo centro comercial das Cancelas atraia novos consumidores á cidade
O alcalde, Ángel Currás, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou o Centro Comercial As Cancelas. No acto, o rexedor compostelán lembrou a importante xeración de emprego do recinto e expresou a súa confianza en que atraia novos consumidores ao centro e a toda a cidade.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o reparto de 198.000 euros entre 49 clubs federados
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou o reparto das subvencións ao deporte federado, por un importe total de 198.000 euros, así como as destinadas ás asociacións veciñais, cun reparto final de 71.596 euros.
CULTURA
Cineuropa estrea en España "Centro Histórico", o filme de Pedro Costa, Víctor Erice, Aki Kaurismaki e Manoel de Oliveira
Despois da súa estrea mundial hai tan só catro días no Festival de Roma, Centro Histórico chega a Cineuropa. A película, dirixida por catro mestres do cinema europeo (Pedro Costa, Víctor Erice, Aki Kaurismaki e Manoel de Oliveira) serve de marco para a entrega do Premio Cineuropa 2012 a Pedro Costa nesta XXVI edición do festival. É este un premio que posúen xa, entre outros, directores como José Luís Guerín, Manoel de Oliveira, Fernando Trueba ou Pablo Trapero e que este ano se lle entregará...
XUVENTUDE
Comezan as novas accións formativas programadas por Xuventude para novembro e decembro
Un Curso de Fotografía Nocturna, cuxa primeira sesión está prevista para o 22 de novembro, iniciará as actividades formativas programadas pola Concellería de Xuventude para os meses de novembro e decembro. A proposta inclúe actividades de coaching laboral e un programa de obradoiros enmarcados especialmente no Nadal.
ALCALDÍA
Compromiso do alcalde cos veciños de Nemenzo para acondicionar o campo da festa da parroquia
O alcalde compostelán reuniuse coa Asociación de Veciños Monte de Nemenzo, encabezada polo seu presidente, Jorge Gigirey. Os representantes veciñais expresáronlle a Ángel Currás as principais demandas da parroquia.
CULTURA
O Auditorio de Galicia acolle a sexta edición do Certame Galego de Bandas de Música
A VI Certame Galego de Bandas de Música celebrarase os vindeiros días 16, 17 e 18 de novembro no Auditorio de Galicia. No evento participarán 14 bandas e máis de 1.000 músicos de toda a Comunidade galega.
CULTURA
Continúa o programa de Cineuropa Concerto con Cats & Monkeys na Zona C
O programa Cineuropa Concerto continúa coas súas actividades. O xoves 15 poderemos escoitar aos Cats & Monkeys nun concerto enmarcado tamén dentro do ciclo Compostela Rock. Será a partir das 21:30 horas na Zona C de Bonaval. As entradas, 6 € (+gastos) anticipada e 8 € o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Principal (aberta dende as 15:00 horas), en Ticketea, A Reixa Tenda e, na Zona C, o día do concerto aberta dende as 18:00 horas.
ALCALDÍA
Herman Koch recibiu o IX Premio de Novela Europea Casino de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Casino de Santiago á entrega do IX Premio de Novela Europea ao escritor Herman Koch.
DEPORTES
Admisión aberta na nova escola de capacitación de baloncesto do Club Cadesa
Xa esta en funcionamento a primeira escola de baloncesto para a mellora da técnica individual e a xestión das habilidades emocionais, o Club Baloncesto Cadesa. A Concellería de Deportes dá a benvida a esta iniciativa, que encabeza o adestrador superior de baloncesto Iván Espiñeira, que pretende entregar aos xogadores de baloncesto as ferramentas necesarias para converterse no tipo de xogador que desexan ser.