CULTURA
Aerolíneas Federales,un dos regresos máis esperados do ano, no Compostela Rock
Aerolíneas Federales dará o seu concerto presentación en Galicia o xoves 19 de abril, ás 21:00 horas, na Sala Capitol, dentro do Compostela Rock, no que é un dos regresos máis esperados do ano. Así o anunciaron en rolda de prensa o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Miguel Costas, Silvino Díaz e Coral Alonso, integrantes do grupo.
PREMIO
Recoñecemento gastronómico para a cidade
O primeiro tenente de alcalde, Ángel Currás, recolleu o premio Restauradores á cidade de Santiago, outorgado pola revista do mesmo nome. No acto, celebrado no restaurante La Tacita de Juan, tamén se presentou a XX edición do anuario Especial Gastronomía.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Nove equipos participaron no Auditorio na fase comarcal do Club de Debate
Celebrouse no Auditorio de Galicia a fase comarcal do Club de Debate. Participaron dous equipos de Santiago, integrados por alumnos de 1º de Bacharelato do Colexio Compañía de María. Competiron con outros sete equipos (tres de Ames, tres de Teo e un de Rois) debatendo sobre o tema "¿Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?". Finalmente, o gañador foi o CPI dos Dices (Rois) e o segundo premio recaeu no equipo teense do IES de Cacheiras.
EDUCACIÓN
V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados: veredicto do xurado
O xurado acordou conceder por unanimidade o V Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados á obra de David Daniel Álvarez Hernández e Julia Díaz Garrido, de México, presentada baixo o lema "Parvada". O galardón, cunha dotación de 9.000 euros, comporta a publicación do libro en castelán, galego, catalán, éuscaro e portugués.
EDUCACIÓN
"Parvada", dos mexicanos David Daniel Álvarez e Julia Díaz, gaña o V Premio Internacional de Álbums Ilustrados
O xurado do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu o traballo titulado Parvada, de David Daniel Álvarez Hernández e Julia Díaz Garrido (México) coma o gañador desta edición. Nesta quinta convocatoria do galardón, organizado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da XII Campaña de Animación á Lectura, participaron 256 traballos de 19 países.
DEPORTES
O X Duatlón Cidade de Santiago reunirá en San Lázaro algúns dos mellores especialistas galegos nesta disciplina
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o X Duatlón Concello de Santiago, que se celebrará o 14 de abril en colaboración co club Triatlón Arcade Inforhouse. Algúns dos mellores especialistas galegos desta disciplina, que combina carreira a pé e en bicicleta, competirán nun circuíto nas inmediacións do Estadio de San Lázaro.
COMERCIO
Fallados os premios do comercio compostelán nas súas seis categorías
O edificio municipal Cersia acolleu a reunión do xurado dos Premios do Comercio Compostelán. O xurado estaba composto por representantes do Concello, as Asociacións Comerciais, a Cámara de Comercio, a Asociación de Consumidores e o Mercado de Abastos, que foron os encargados de seleccionar os gañadores nas categorías de: Comercio 2.0, Comercio Innovación, Comercio Emprega e Comercio Veterano. Os gañadores de Comercio de Barrio e Comercio Agarimo elixíronse por votación popular a través de Internet.
CULTURA
The Bright presentan o seu pop-folk americano dentro do ciclo Íntimo&Acústico
Os leoneses The Bright chegan a Compostela para dar un concerto dentro do ciclo da Concellería de Cultura Íntimo&Acústico. Será o venres 13, ás 21:00 horas, na Zona "C" de Bonaval, onde se poderá escoitar o pop folk-americano desta parella.
CULTURA
Ars Artis estrea "Será o meu propio paraíso" con dez funcións na Zona "C"
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a nova estrea teatral da Zona "C", Será o meu propio paraíso, da compañía Ars Arstis. Carou estivo acompañado polos dous protagonistas da obra, Lucas Herrador e Olga Abad.
ALCALDÍA
Reunión con representantes veciñais para falar sobre o futuro túnel de Conxo
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa asociación Conxo Aberto para falar sobre o túnel proxectado baixo a actual rotonda co obxectivo de aliviar o tráfico nesta parte da cidade.