CONSORCIO
O novo Museo "Luis Iglesias" abrirá en 2010 aos cidadáns o patrimonio histórico-científico máis valioso de Galicia
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o proxecto do que será o novo Museo de Historia Natural "Luis Iglesias". Este edificio, deseñado polo arquitecto César Portela, completa a urbanización e os equipamentos culturais da Finca Vista Alegre.
CULTURA
O Teatro Principal acolle o IV Ciclo de Cinema Gay, Lésbico, Bisexual e Transexual
Presentouse en Raxoi o IV Ciclo de Cinema Gay, Lésbico, Bisexual e Transexual, que se desenvolverá no Teatro Principal do 12 ao 18 de febreiro. Proxectaranse seis filmes e unha curtametraxe galega.
FESTAS
Os ritmos do cabaré protagonizarán o pregón do Antroido
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa de actividades para o Antroido 2009, que se celebrará do sábado ao mércores 25. O acto estivo marcado pola música e baile de dúas comparsas, Os conformistas de Conxo e A ruliña de Laraño, e pola presenza do deseñador do Meco, José Luis Méndez, co seu deseño deste ano sobre a crise económica.
EDUCACIÓN
Educación e Xuventude convidan aos mozos a un Encontro no que potenciar as súas habilidades profesionais
O Palacio de Congresos e Exposicións acollerá os días 13 e 14 de febreiro o I Encontro educativo para o desenvolvemento persoal da xuventude no mercado laboral Mantente enFORMAción, organizado polas concellerías de Educación e de Xuventude coa colaboración da Consellería de Traballo. Esta iniciativa pretende potenciar entre a xuventude habilidades profesionais precisas para o desenvolvemento persoal no mercado laboral. O prazo para apuntarse está aberto ata o xoves 12 e as solicitudes deberán enviarse ao seguinte...
XUNTA DE GOBERNO
Actualízanse as tarifas dos aparcadoiros, do recinto feiral de Amio e do tanatorio de Boisaca
A Xunta de Goberno aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros no xestionados directamente por TUSSA para 2009, que se actualizan de acordo á suba do IPC entre decembro do 2007 e decembro de 2008. Tamén se poñen ao día as tarifas dos recinto feiral de Amio e do tanatorio de Boisaca.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello concede licenzas para 142 vivendas na Choupana
O Goberno local deu o visto bo ás licenzas de construción de 142 novas vivendas no SUP-5 da Choupana. Tamén ao fío da concesión de licenzas, o Concello solicitará á Consellería de Vivenda e Solo unha achega para a contratación dun arquitecto co fin de facilitar a aplicación das Normas do Hábitat Galego.
TURISMO
Viños da Ribeira Sacra e doces de Entroido en "Santiago Repetirás"
O sábado 14 de febreiro, ás 18:00 horas, o Parador Hostal dos Reis Católicos acolle a celebración dunha nova cata de viños maridados con produtos galegos e dun Taller Gastronómico para nenos. Estas actividades están enmarcadas no programa Santiago Repetirás, organizado por Turismo de Santiago.
EDUCACIÓN
O Concello recoñece por sétimo ano os mellores traballos didácticos realizados nas aulas galegas
A Concellaría de Educación e Nova Escola Galega convocan a sétima edición dos Premios Educacompostela. Estes galardóns recoñecen aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poden contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
EDUCACIÓN
Educación e Xuventude organizan o I Encontro educativo para o desenvolvemento dos mozos no mercado laboral
O Palacio de Congresos e Exposicións acollerá os días 13 e 14 de febreiro o I Encontro educativo para o desenvolvemento persoal da xuventude no mercado laboral "Mantente en FORMAción", organizado polas Concellerías de Educación e de Xuventude coa colaboración da Consellería de Traballo. Esta iniciativa pretende potenciar entre a xuventude habilidades profesionais precisas para o desenvolvemento persoal no mercado laboral.
ALCALDÍA
O alcalde agarda para antes do verán a autorización ambiental e o proxecto da ampliación da AP-9
Un proxecto fundamental para as comunicacións da cidade, a ampliación do tramo da AP-9 Santiago Norte-Santiago Sur, vai recibir un pulo tras a confirmación de que non será preciso para a obra un estudo de impacto ambiental. Así o indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que agarda que para antes do verán este concedida a autorización ambiental e redactado o proxecto de execución.