URBANISMO
Presentado aos veciños o proxecto definitivo de reurbanización e mellora da mobilidade do polígono de Vista Alegre
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, mantivo unha reunión no Auditorio de Galicia cos representantes veciñais de Vista Alegre para presentarlles o proxecto definitivo de reurbanización deste polígono de vivendas, elaborado polas arquitectas Cristina Ezcurra e Cristina Ouzande.
BENESTAR SOCIAL
Telexerontoloxía, un servizo pioneiro dispoñible no CSC das Fontiñas e nas Aulas da Terceira Idade
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á presentación en Santiago de Telexentoloxía, un servizo de axuda a persoas de idade avanzada ou con discapacidade. Está disponible no Centro Sociocultural das Fontiñas e nas Aulas da Terceira Idade.
TURISMO
Santiago de Compostela e os concellos da comarca preparan un paquete turístico específico para este verán
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuniuse cos concelleiros de Turismo dos municipios da área metropolitana de Santiago. Dábase así continuidade ao grupo de traballo creado o 11 de marzo coa fin de estratexias conxuntas para incentivar o turismo.
BENESTAR SOCIAL
Os centros escolares acollerán os obradoiros de sensibilización "Creando en igualdade"
A concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade, María Castelao, presentou os obradoiros Creando en igualdade, que se impartirán entre escolares de primaria e secundaria de máis de 25 colexios do municipio. Estas sesións enmárcanse no III Plan de Igualdade, no que se incide na necesidade de traballar nun cambio de valores entre homes e mulleres dende a educación a través de accións de sensibilización.
CULTURA
Pradairo, Pedro Guerra, Budiño, Win Mertens, Malevaje e Sés, en Sons’13
Sons continúa facendo un percorrido polos diferentes estilos musicais. Despois do exitoso concerto da fadista Ana Moura, e as citas con Amancio Prada, Odaiko e Coetus, poderemos disfrutar dunha primavera de Sons no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal.
EDUCACIÓN
Admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos
Proceso de admisión do alumnado en centros educativos sostidos con fondos públicos para o curso académico 2013/2014.
ALCALDÍA
Comeza en Santiago a profesionalización definitiva das Cidades Patrimonio
As trece Cidades Patrimonio da Humanidade españolas concluíron a asemblea xeral de alcaldes coa aprobación dun orzamento de 1,6 millóns de euros e o nomeamento do primeiro director-xerente nos 20 anos de historia do GCPHE. Aprobáronse así mesmo os actos do 20 aniversario da constitución do grupo, o plan de actuacións para 2013 e a convocatoria dos Premios Patrimonio, entre outros.
DEPORTES
AGAXEDE organizou unha conferencia sobre responsabilidade dos xestores deportivos no marco da súa Asemblea Xeral
Ante máis de 50 profesionais da xestión deportiva en Galicia, Alejandro López pronunciou a conferencia "Responsabilidade dos Xestores Deportivos". A devandita disertación serviu de peche os actos vinculados á Asemblea Xeral da Asociación de Xestores Deportivos de Galicia (AGAXEDE), que se celebrou no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Normalización Lingüística promove cun novo concurso o uso do galego na publicidade comercial
O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convoca o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, ao mesmo tempo que pretende engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais da...
DEPORTES
Todo listo para o decisivo partido entre as seleccións de rugby de España e Portugal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a recepción con motivo do partido internacional de rugby correspondente ao Seis Nacións B que enfrontará ás seleccións de rugby de España e Portugal o sábado 16, ás 18:00 horas, no estadio de San Lázaro.