MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente promove novas visitas para todos os cidadáns aos ríos e parques de Compostela
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, anunciou a apertura a toda a cidadanía das visitas organizadas polo departamento aos ríos e parques da cidade ou á estación potabilizadora. Ata agora, estas visitas víñanas facendo prioritariamente grupos de escolares, aínda que algúns grupos de veciños xa participaron tamén.
CULTURA
A homenaxe a Xaquín Marín pecha as actividades da exposición "A Historieta Galega 1973–2008"
Dentro do programa de actividades desenvolvidas con motivo da mostra A Historieta Galega 1973 – 2008, o venres, 6 de xuño, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do Auditorio de Galicia, os organizadores renderán unha homenaxe ao debuxante Xaquín Marín en recoñecemento a súa traxectoria profesional.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A misión para promocionar Compostela na Bahía entrevístase con membros do goberno e empresarios do estado brasileiro
A misión para promocionar Santiago na Bahía, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, visitou a Secretaría de Industria, Comercio e Mineraçao do estado brasileiro, onde foron recibidos polo seu responsable, Rafael Amoedo.
MEDIO AMBIENTE
O Centro Sociocultural da Trisca acolle a exposición "Galicia Biodiversidade"
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, inaugurou a exposición Galicia, Biodiversidade no Centro Sociocultural da Trisca. No acto estivo acompañada por Xosé Benito Reza Rodríguez, director xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente.
ALCALDÍA
O Plan Estratéxico entra na súa recta final
O Consello de Dirección do Plan Estratéxico reuniuse na tarde do mércores 4 para coñecer e debatir o documento de medidas a poñer en práctica, de acordo coas liñas estratéxicas aprobadas.
ALCALDÍA
A Asemblea da CCAA aproba a Carta Atlántica de Desenvolvemento Urbano Sostible
A IX Asemblea da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, reunida en San Sebastián, baixo da presidencia do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou a Carta Atlántica de Desenvolvemento Urbano Sostible.
EDUCACIÓN
O Concello pon en marcha unha iniciativa pioneira para ensinar aos máis novos técnicas de reanimación
Os días 5 e 6 de xuño celébrase en Santiago de Compostela Congreso de Reanimación Internacional de Pediatría. No marco deste evento, a Concellería de Educación vai por en marcha, o xoves 5, ás 12:00 horas, unha iniciativa pioneira en Galicia, denominada "Ensinemos aos escolares a salvar vidas", para ensinarlle aos máis novos técnicas de reanimación cardiopulmonar"
CONSORCIO
Stephen Hawking, premio Fonseca de divulgación científica
O científico británico Stephen Hawking, coñecido fundamentalmente polos seus traballos sobre os buracos negros no Universo e por ser un dos maiores divulgadores da ciencia na actualidade, foi galardoado co premio Fonseca na súa primeira edición. Este galardón de divulgación científica está promovido polo Consorcio e pola Universidade de Santiago ao abeiro do programa ConCiencia.
EDUCACIÓN
"Compostela en danza" amosará as coreografías realizadas nos centros escolares
O Auditorio de Galicia acollerá o domingo 8 de xuño, ás 20:00 horas a terceira edición do Certame de Danza Intercentros "Compostela en danza". Será a oportunidade de contemplar ata 17 coreografías realizadas por 150 alumnas de cinco centros de ensino da cidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural das Fontiñas dedica á auga a súa Semana Cultural
A Semana Cultural do Centro Sociocultural das Fontiñas chega á súa sétima edición entre o 3 e o 7de xuño. Neste ano 2008, en que se celebra o Ano Internacional da Auga, no centro tamén quixeron ter presente este recurso natural como fío condutor das actividades.