MOCIDADE
Sinestesia e GS21 gañan na última xornada do I Certame "MúsicaXove"
A música pop e os ritmos folk invadiron o venres 27 de xuño a Sala Capitol, onde centos de persoas asistiron ás dúas últimas finais da primeira edición do certame MúsicaXove´08.
TURISMO
O Concurso de Curtas de Curtocircuíto recibe 2.264 curtas procedentes de 86 países
O prazo de inscrición no Concurso Internacional de Curtametraxes de Curtocircuíto, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e da Concellaría de Cultura ampliouse unha semana. A nova data límite é o venres 4 de xullo.
ALCALDÍA
O Concello aproveitará a construción do túnel do Hórreo para remodelar a superficie da área
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o Concello acometerá a remodelación da superficie do tramo en paralelo á estación do tren dende a rotonda de Galuresa. Deste xeito, aproveitarase a construción do túnel do Hórreo para dotar á zona de beirarrúas máis amplas e de paradas para o autobús.
DEPORTES
O deporte e a cultura únense na inauguración da Compostela Cup do Camiño 2008
O deporte e a cultura confluíron nun espectáculo no acto de inauguración da Compostela Cup do Camiño 2008 –Torneo Internacional organizado pola Fundación Compostela Deporte co patrocinio de Xacobeo e Caixanova-, celebrado na Praza do Obradoiro. Neste evento déronse cita os símbolos máis importantes da identidade e do folclore galegos coa presenza da Asociación Cantigas e Agarimos, así como exhibicións deportivas con campións de España e de Galicia de loita grecorromana e loita libre olímpica, da...
UMAD
Xunta e Concello poñen en marcha unha campaña de prevención do consumo de drogas a través de móbil
A iniciativa da Consellería de Sanidade, a Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente (UMAD), da concellaría de Benestar Social, xunto con outras setes cidades galegas, porán en marcha as noite do venres 27 e do sábado 28 de xuño unha campaña de sensibilización entre os mozos sobre o consumo de drogas a través de envíos masivos de mensaxes de bluetooth a teléfonos móbiles.
CULTURA
Compostela presenta a súa candidatura ao programa europeo Sudoe Interreg IV-B
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, fixo pública a candidatura de Santiago de Compostela ao Programa Sudoe Interreg IV-B, de apoio a proxectos transnacionais do sudoeste europeo a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
MOCIDADE
Exhibición de xogos de estratexia no Ensanche
A Concellería de Mocidade, en colaboración co colectivo Zónula Catro, organizan unha exhibición de xogos de estratexia e miniaturas e unha xornada de introdución aos xogos de rol destinada a pais e nais.
URBANISMO
O alcalde clausura a Aula de Renovación Urbana 2008
Durante a clausura da edición 2008 do máster de renovación urbana que se celebrou no Paraninfo da Universidade, Xosé A. Sánchez Bugallo destacou o feito de que este curso foi posto en marcha pola Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación, OCHiR, no ano 2005, e que, como resultado, "na actualidade, a gran maioría dos directores de rehabilitación de España están saíndo da nosa cidade".
ALCALDÍA
A bandeira branca contra a droga percorreu as rúas do casco histórico
Unha marcha de relevos portando a bandeira branca contra a droga percorreu as rúas do casco histórico, no marco das actividades programadas pola Fundación Galega contra o Narcotráfico con motivo da celebración do Día internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. O alcalde compostelán recibiu a bandeira ao remate da marcha na praza da Quintana.
CULTURA
Teatro de Adro leva a súa "Comida chinesa" ao Principal
Presentouse Comida chinesa, peza teatral para dous actores que Teatro de Adro vai levar ás táboas do Teatro Principal os días 27 e 28 de xuño a partir das 21:00 horas.