ALCALDÍA
Encontro coa confraría Vera Cruz
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da confraría da Vera Cruz, Manuel Santos Rodríguez.
DEPORTES
A Praza do Obradoiro acolleu a inauguración da Compostela Cup do Camiño
O acto inaugural da fase final da Compostela Cup do Camiño contou como escenario co privilexiado marco da Praza do Obradoiro. Deporte e cultura uníronse así a través deste acto, que contou coa presenza do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña.
TRANSPORTES
Novos horarios de verán no servizo de transporte urbano
O 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no transporte urbano. Este ano mantense a liña de reducións de campañas anteriores, aínda que cunha menor intensidade, debido sobre todo ás últimas modificacións feitas no servizo.
CULTURA
Trece cursos compoñen a oferta do Formaclown 2007
Achégase unha nova edición do Festiclown, que se celebrará do 30 de xullo ao 5 de agosto. E dentro da súa ampla oferta de actividades non faltará unha vez máis o Formaclown. O prazo para inscribirse nos trece cursos ofertados estará aberto ata o 5 de xullo.
ALCALDÍA
O Concello reafirma a súa colaboración con AGADEA
A presidenta da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos de Alzheimer (AGADEA), Isabel Gey, visitou Raxoi, onde se reuniu co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e coa concelleira de Benestar Social, Mar Martín.
EDUCACIÓN
A Escola de Verán abriu as súas portas
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugurou a VI Escola Municipal de Verán 2007, que se desenvolverá do 25 ao 29 de xuño e do 3 ao 7 de setembro. O acto tivo lugar no CEIP de Fontiñas, un dos centros que abren durante estes días, ademais do Pío XII, do Cardenal Quiroga Palacios e do Colexiata do Sar.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Proxecto Equal Compostela Social impulsa a constitución de 46 proxectos empresariais
O Proxecto Equal Compostela Social, deseñado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego impulsou dende a seu nacemento, en novembro do 2005, a creación de 46 empresas na Mancomunidade de Compostela. Destas, 32 (o 69,6%) foron constituídas por mulleres. O obxectivo é crear 50 empresas a través de Equal.
URBANISMO
Listo o proxecto de expropiación do último polígono de vivenda protexida previsto no PXOU
A Xunta de Goberno aprobou inicialmente o proxecto de expropiación do SUNP-12 de Lamas de Abade. Trátase do último polígono de vivenda protexida previsto no rematado Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU). O orzamento previsto para executar esta expropiación é de 8.088.018 euros.
MEDIO AMBIENTE
O Concello limpará o contorno dos núcleos rurais con especial risco de incendio
A Xunta de Goberno local adxudicou á empresa CESPA as actuacións do Plan de Prevención de Incendios Forestais, por un importe de 59.375 euros.
PLENO
Aprobada a composición das distintas comisións e organismos municipais
O Pleno extraordinario da Corporación municipal aprobou a composición das diferentes comisións, organismos supramunicipais, organismos autónomos, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais. Tamén e asignou o persoal e características do persoal eventual e o réxime de dedicacións exclusivas dos membros da Corporación.