PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica amosa as súas instalacións e servizos aos cidadáns
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, acompañado polo primeiro tenente de alcalde do Concello, Néstor Rego, presentou as oficinas e centros de formación que dependen do departamento. O obxectivo da visita era amosar os recursos físicos cos que conta a Concellaría e os servizos que presta á cidadanía.
CULTURA
Ros Marbà dirixe á Real Filharmonía no Concerto para violín de Alban Berg
A Real Filharmonía de Galiciainterpreta no concerto desta semana tres pezas diferentes, dunha grande orixinalidade. O programa ábrese con "But in vain…", unha novidade do compositor galego Eduardo Soutullo, feita por encargo da Fundación Autor e da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas, a proposta da Real Filharmonía. É a segunda obra dun tríptico de obras orquestrais inspiradas en tres versos do poema "Even Song", de Oliver Wendell Holmes (1809-1894).
EDUCACIÓN
Concello e Xunta colaborarán na reforma do IES Eduardo Pondal
O IES Eduardo Pondal será sometido a unha significativa reforma, en virtude dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia, cuxa proposta aprobou a Xunta de Goberno. Esta actuación permitirá a reforma do peche do recinto, melloras nos accesos ou a ampliación dos espazos libres cubertos, entre outras.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Entregados os premios do Concurso de Novas ideas Empresariais
O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, entregou os seus premios aos gañadores do Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa do ano 2006, nas dúas modalidades coas que conta. Na categoría de Novas Ideas Empresariais edición xeral os gañadores foron, por esta orde: Arrendamiento Tecnológico y Servicios, Darredor deseño cultural e Maritza Abeleira centro de formación de moda. Na modalidade de Novas Ideas Empresariais promovidas por mulleres acadou o primeiro premio a ludoteca Gazafello,...
DEPORTES
O CEIP Rodríguez Xixirei (Lavacolla) contará cun pavillón polideportivo
A Xunta de Goberno aprobou a contratación da redacción dun Plan especial de equipamentos, que permitirá a execución dun polideportivo cuberto a carón do CEIP Rodríguez Xixirei, en Lavacolla. A elaboración deste proxecto suporá un investimento de 19.720 euros.
SERVIZOS BÁSICOS
A nova rede de saneamento de Vite será máis resistente e terá maior capacidade
O Concello vai investir 262.923 euros nunha nova rede de saneamento para o barrio de Vite, que solucionará definitivamente os problema de roturas que se viñan dando ata agora. As vellas tuberías de fibrocemento serán substituídas por outras de fundición dúctil, máis resistentes e de maior capacidade.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico e Ibero Clásicos porán en marcha un trofeo de vehículos antigos
O presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou un convenio de colaboración co xerente da empresa portuguesa Ibero Clássicos-Veículos Clássicos, Rui Pina Cardoso, para a realización do "Trofeo do Eixo Atlántico", de carácter automobilístico. A proba consistirá en catro etapas, que percorrerán as cidades galegas e portuguesas integrantes do Eixo nos meses de maio, xuño, xullo e outubro.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico fixa na súa Axenda Estratéxica os obxectivos para os vindeiros sete anos
"Axenda estratéxica. Sete ideas para sete anos decisivos" establece os obxectivos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para o período 2007-2013. O contido deste estudo será un dos puntos centrais da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que se celebrará o 9 de febreiro en Vilanova de Gaia (Portugal). O obxectivo é chegar a esa data límite, en que cambiará a orientación dos fondos comunitarios, nunha situación favorable e competitiva.
DEPORTES
O campión da Recopa de Europa brindou o título á cidade
Despois das celebracións na Praza Roxa tralo partido, o Lobelle de Santiago quixo seguir festexando o título de campión da Recopa de Europa. Tocou o turno de brindarlle o título á cidade e para iso pasaron por Raxoi, onde directivos, técnicos e xogadores foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola corporación municipal.
DEPORTES
Compostela vibrou co triunfo do Lobelle
O Lobelle de Santiago xa é campión da Recopa de Europa, tras impoñerse ao Benfica portugués por cinco tantos a tres. Foi un partido intenso, que se decidiu na prórroga, pero con final felíz para o equipo compostelán.