EDUCACIÓN
Os nenos e nenas de Santiago gozan do verán coas actividades do Programa de Conciliación
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou o CEIP das Fontiñas, onde se está a desenvolver o programa de conciliación laboral e familiar organizado pola Concellería. En horario de mañá, as nenos e os nenos participantes divírtense cos xogos programados, pero tamén aprenden.
OBRAS
Rematadas as obras da rúa Virxe Branca
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron a rúa da Virxe Branca, no Castiñeiriño, tralo remate das obras de remodelación da mesma, que tiveron un custe de máis de 240.000 euros.
DEPORTES
Os santiagueses reciben o Compos na praza do Obradoiro
Os xogadores e o corpo técnico da SD Compostela foron recibidos por unha multitude de seareiros que quixeron celebrar co equipo o recén conseguido ascenso a segunda B. O alcalde e a corporación recibíronos no Pazo de Raxoi.
BENESTAR SOCIAL
O Concello e Cruz Vermella manteñen a súa colaboración
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, reuniuse co novo coordinador de Cruz Vermella en Compostela, Santiago López Insua, e fixeron un repaso dos asuntos e materias nos que colaboran ambas institucións.
FESTAS
Primal Scream pechará as Festas do Apóstolo o día 31 na Quintana
A banda escocesa, referencia absoluta dentro do rock nos últimos anos, estará actuando na Praza da Quintana como colofón das Festas do Apostolo 2013 o próximo 31 de xullo, así o deu a coñecer o concelleiro de Festas, Francisco Noya, en rolda de prensa, onda tamén presentou un avance do programa, que inclúe concertos e actuacións para todos os públicos.
CULTURA
O curso de verán Música a mi-la-do traerá profesores de renome a Santiago na segunda semana de xullo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou o programa acompañado por Ilona Timchenko e Javier Otero, membros da Asociación Peregrinos Musicais e profesores do curso, que se desenvolverá na Escola de Altos Estudos Musicais do 8 ao 14 de xullo.
TURISMO
Turismo de Santiago colaborou na rodaxe de "El Peregrino" baseada na vida de Paulo Coelho
Paulo Coelho asistiu á rodaxe das últimas tomas na Praza do Obradoiro, onde foi saudado polo alcalde compostelán, Ángel Currás, que o invitou a presenciar os Fogos do Apóstolo. Turismo de Santiago facilitou a planificación e rodaxe da productora en diferentes puntos da cidade.