EDUCACIÓN
Máis de 200 nenos e nenas viven un verán lúdico, educativo e conciliador
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visitou os centros educativos onde se está a desenvolver o programa de conciliación familiar e laboral Escolas de Verán 2012, no que están inscritos máis de 225 nenos e nenas. Primeiro achegouse ata o CEIP Fontiñas e logo ao CEIP Ramón Cabanillas e ao CEIP Raíña Fabiola.
ALCALDÍA
O alcalde traslada ao adestrador do Obradoiro a petición formal para que sexa o pregoeiro das festas do Apóstolo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, vén de trasladar ao adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, a petición formal para que sexa o pregoeiro das Festas do Apóstolo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Éxito de participación nas actividades do programa "Vive o verán"
O 25 de xuño rematou o prazo de presentación de solicitudes para participar nas actividades matinais organizadas dentro do programa Vive o verán. En particular, destaca a boa acollida das actividades propostas para as parroquias do rural, xa que se cubriron as 90 prazas ofertadas.
MOBILIDADE
Entran en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano
Os novos horarios de verán do servizo de transporte urbano entrarán en vigor o domingo 1 de xullo e estenderanse ata o 9 de setembro.