CULTURA
Vinte eventos musicais na sétima edición do Festival Via Stellae
O Festival Vía Stellae chega neste ano á súa sétima edición, que se celebrará do 2 ao 13 de xullo en diferentes lugares de Santiago de Compostela. En total, serán 20 eventos musicais que terán como eixe central a música antiga e barroca, pero sen esquecer outras épocas e xéneros, prestando unha atención moi especial á música contemporánea e á creación actual, especialmente aos autores da nosa terra. O programa completo foi presentado na Casa do Concello polo alcalde de...
COMERCIO
A Mesa do Comercio compostelán informa favorablemente os proxectos presentados polas asociacións comerciais
A Mesa do Comercio compostelán, composta polas administracións e polo axentes vinculados co sector comercial da cidade, reuniuse no Pazo de Raxoi para informar sobre os proxectos de dinamización comercial presentados polas asociacións comerciais da cidade. Segundo a normativa que regula as Mesas Locais de Comercio, é obrigatorio que informen sobre todos os proxectos de dinamización comercial que perciban fondos públicos de calquera administración.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a vontade de permanencia do mercado en caso de executarse as obras necesarias e de flexibilizar os seus usos
O alcalde compostelán, Ángel Curras, e concelleira de Mercados, Reyes Leis, recibiron a Plataforma cidadá de apoio á Feira de Amio. Aos seus integrantes, o rexedor municipal reiteroulles a vontade municipal de que "si se levan a cabo os investimentos necesarios e si existe flexibilidade por parte dos gandeiros, a feira pode continuar en Santiago sen ningún problema".
FACENDA
Cecilia Sierra indica que o remanente negativo de tesourería segue xerando unha situación de falta de liquidez e de solvencia
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, presentou a liquidación do orzamento de 2011, tras pasar o documento pola Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior e antes de dar conta do mesmo nun Pleno previsto para o xoves 28. A liquidación municipal 2011 deixa un resultado orzamentario de 6.013.631 euros e un remanente negativo de tesourería de 1.401.111 euros.
TURISMO
Santiago promociónase en Londres
Turismo de Santiago participa na City Fair de Londres, un evento para empresas do sector turístico europeo organizado pola Asociación Europea de Touroperadores. A City Fair celébrase nesta xornada no estadio de Wembley. Aínda que o evento conta cunha importante presenza de participantes do sector británico, hai tamén empresas de máis de 25 países europeos.