CENTROS SOCIOCULTURAIS
IV Encontro Interxeracional de Xadrez no Centro Sociocultural das Fontiñas
Case un centenar de xadrecistas de toda Galicia déronse cita no Centro Sociocultural fas Fontiñas para participar no IV Encontro Interxeracional de Xadrez. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiu ao evento
ALCALDÍA
O alcalde compostelán será o delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago
O Rei Don Juan Carlos de Borbón designou ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, delegado rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo na Catedral de Santiago.
PLENO
O Pleno aproba un orzamento definido polo alcalde como "social e realista"
O Pleno municipal aprobou inicialmente, cos votos favorables do grupo de Goberno, o orzamento e o cadro de persoal do Concello para o ano 2012. As contas do Concello para este exercicio prevén uns gastos de 89.859.778 euros e uns ingresos de 92.580.508 euros. Na súa intervención de peche do debate, o alcalde definiu este orzamento como "social e realista".
EMPREGO
A Mesa Local polo Emprego perfila o calendario de accións para o exercicio
Reuniuse en Raxoi a Mesa Local polo Emprego, na que se definiu o calendario de accións para este exercicio, ás que se destinarán 120.000 euros. A busca de sector emerxentes ou das profesións máis demandadas serán algúns dos eixes nos que se traballará. Nos vindeiros días, asinaranse os convenios coas entidades participantes nesta Mesa nos que se concretarán as accións a executar. Estas actividades enmárcanse no Pacto Local polo Emprego de Santiago, que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O obradoiro "Express-Até" promoverá o uso do galego a través da escrita creativa
A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou o obradoiro de escrita creativa Express-Até, que se desenvolverá en varias sesións ao longo do mes de xullo no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Está dirixido a rapaces e rapazas entre 12 e 18 anos e a participación é gratuíta.
ECONOMÍA
O Concello organiza cursos para afrontar os procesos de selección das empresas
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o Curso de selección e liderado, que ten por obxectivo preparar os asistentes ante os diferentes procesos de selección que seguen as empresas á hora de contratar ao seu persoal. O curso desenvólvese dentro do programa Santiago Investors Support, que ten por obxectivo contribuír á dinamización económica da cidade. A concelleira estivo acompañada da técnica responsable do servizo de Economía do Concello, Carme Casado.
DEPORTES
Santiago acolle o Galician Celtic Challenge de esgrima o 23 e o 24 de xuño
O campionato internacional de esgrima de veteranos Celtic Challenge chega por primeira vez a España e faino a Santiago de Compostela. A competición celebrarase o sábado 23 e o domingo 24 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre.
EDUCACIÓN
Composteláns e turistas sumáronse á celebración do Día Europeo da Música
Varios concertos e veladas musicais en prazas e rúas da cidade conmemoraron en Santiago o Día Europeo da Música. Os composteláns sumáronse a esta iniciativa asistindo masivamente ás actuacións.
EDUCACIÓN
Rematan os concertos nas rúas e prazas con motivo do Día Europeo de Música
O programa organizado pola Concellería de Educación en colaboración coas escolas musicais da cidade para celebrar o Día Europeo da Música rematou cunha nova xornada de concertos en varios espazos da cidade.