ECONOMÍA
Nace "Santiago Investors Support"
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou Santiago Investors Support, un programa prensado para paliar no posible e dende os recursos limitados do Concello os efectos da crise económica na cidade, a través do potenciamento do sector empresarial. A iniciativa ten como primeira acción un Plan de Formación Continua composto por dez cursos gratuítos. A edil estivo acompañada pola técnica municipal responsable de promoción económica, Carme Casado.
ALCALDÍA
O alcalde valora o impacto do centro comercial das Cancelas para a xeración de emprego e de visitantes
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os directivos de Realia, Carrefour e Property fixeron un percorrido polas instalacións do centro comercial. Os promotores prevén que o complexo abra as súas portas no último trimestre de 2012 e estímase que atraerá 130 millóns de investimento e 5.700 empregos a Santiago.
INFRAESTRUTURAS
A concelleira de Infraestruturas transmite á Xunta de Galicia as demandas veciñais respecto á variante de Aradas
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, reuniuse coa directora xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. No encontro transmitiulle as demandas veciñais respecto á variante de Aradas, en especial as relativas ás melloras na mobilidade peonil.