PLENO
O Pleno dá o visto bo a dous créditos extraordinarios
O Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria aprobou dous expedientes de crédito por un importe global de 120.000 euros.
CULTURA
O cantante de Maldita Nerea manterá un encontro con estudantes de Santiago o venres 2 de decembro
O coloquio entre Jorge Ruíz e os rapaces e rapazas de Compostela terá lugar o mesmo día do seu concerto no Multiúsos Fontes do Sar: o 2 de decembro. Maldita Nerea e o Concello de Santiago convocan a este acto a todos os alumnos e alumnas dos centros de educación primaria, secundaria e universitaria de Santiago de Compostela.
URBANISMO
O Concello crea un rexistro auxiliar en Urbanismo para axilizar expedientes e trámites
A concelleira de Urbanismo e Casco Histórico, María Pardo, presentou en rolda de prensa unha iniciativa encamiñada a mellorar a tramitación de expedientes urbanísticos e reducir os prazos dos mesmos.
CULTURA
O Auditorio de Galicia inaugura a mostra do Sétimo Premio para novos artistas
O Auditorio de Galicia inaugura esta tarde a exposición do Sétimo Premio para Novos Artistas Auditorio de Galicia no transcurso dun acto no que se farán públicos o nome do gañador e catro accésit deste ano. Participarán no mesmo o concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou; o xurado do premio así como practicamente todos os artistas que foron seleccionados para amosar as súas obras nesta exposición, un total de 40. A mostra poderá verse ata o 4...