CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais acollen seis exposicións dentro da 29 edición do Outono Fotográfico
Os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Xuventude, Adrián Varela, presentaron en rolda de prensa, acompañados polo director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, a 29 edición do Outono Fotográfico, que achega seis exposicións aos centros socioculturais da cidade durante o mes de novembro.
EDUCACIÓN
270 familias solicitaron participar en Nadalxogo 2011
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, unha vez rematado o tempo para a preinscrición no programa Nadalxogo, fixo balance das cifras acadadas. O prazo para a matrícula definitiva sera do 11 ao 18 deste mes.
EMPREGO
O alcalde inaugura a I Feira Internacional de Emprego co desexo de que xenere o maior número de postos de traballo posibles
A primeira xornada da Feira sáldase con máis de 2000 visitas aos 37 expositores e 220 entrevistas feitas dun total de 575 persoas convocadas. As entrevistas continuarán esta tarde ata as 20.00 e mañá venres de 10.00 a 14.00. O rexedor volverá ao Multiúsos mañá para clausurar a Feira ás 13.00 horas.
DEPORTES
O Concello e o Club Ciclista Aquagest únense na promoción da bicicleta como medio de transporte sostible
Os concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Deportes, Adrián Varela, presentaron o programa "Pedalea Compostela", que nace como unha opción de mobilidade cidadá e de dinamización sociocultural a través do emprego da bicicleta como medio de transporte. Na rolda estiveron acompañados por membros do Club Ciclista Aquagest, promotores da iniciativa.
TURISMO
Incolsa considera fundamental a promoción internacional do aeroporto para o desenvolvemento turístico da cidade
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, explicou aos membros do grupo de traballo "Turismo de Santiago" que dende Incolsa se considera fundamental a promoción da nova terminal do aeroporto de Lavacolla para o desenvolvemento turístico de Santiago, especialmente cara os mercados internacionais.
CULTURA
Zuzana Lapcíková Quinteto presenta mañá a nivel mundial o seu último traballo dentro do festival ‘Soños de Chequia’
A República Checa será a protagonista desta fin de semana en Compostela. O programa ‘Soños de Chequia’ traerá o mellor da cultura checa á nosa cidade a través de concertos, jam sessions, cata de produtos, cinema e exposicións. Así, mañá na primeira xornada do festival, Zuzana Lapcíková Quinteto, que debuta en España, presenta, a nivel mundial, o seu último traballo, que sairá á venda a semana que vén. Será ás 21.00h no Teatro Principal e algúns dos...