FACENDA
Un plan estratéxico fixará as prioridades de investimento para os vindeiros catro anos
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou que o Goberno municipal elaborará un Plan Estratéxico de Investimentos, que fixará as prioridades na execución de investimentos nos vindeiros catro anos. En canto aos orzamentos de 2012, agarda poidan entrar en vigor o 1 de xaneiro e indicou que o seu importe final estará entre os 85 e os 90 millóns de euros.
XUNTA DE GOBERNO
Prorrogada por un ano a explotación do estacionamento de borde de Salgueiriños
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a prórroga por un ano da encomenda do estacionamento de borde de de Salgueiriños. Ademais, acordou a modificación das tarifas de autotaxi para o ano 2012 e a prórroga de varios servizos, así como a adxudicación doutros, como o de radiocomunicacións da Policía Local ou o de subministro de roupa para este corpo.
CULTURA
Catorce formacións participarán no V Certame Galego de Bandas de Música
O Auditorio de Galicia acollerá do 25 ao 27 de novembro o V Certame Galego de Bandas de Música. Serán tres concertos nos que participarán 14 formacións de toda Galicia, elixidas por sorteo, que interpretarán 31 obras.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde coa Asociación de Antigos Tunos Composteláns
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi coa Asociación de Antigos Tunos Composteláns.