ALCALDÍA
O Concello e Compostela Monumental planifican as actividades do Casco Histórico para os vindeiros meses
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi coa directiva da Asociación Compostela Monumental, encabezada polo seu presidente, José Manuel Bello. Na reunión, na que tamén participaron as concelleiras Reyes Leis e María Pardo, falaron, entre outras cuestións, das actividades de dinamización do Casco Histórico a desenvolver nos vindeiros meses.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
aCentral Folque leva o ensino da música tradicional aos centros socioculturais
Os centros socioculturais da Trisca e de Pontepedriña acollerán este curso 2011-2012 as clases das ensinanzas que imparte aCentral Folque. Así o confirmaron en rolda de prensa os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Cultura, Ángel Currás, e a coordinadora pedagóxica do centro, Gema Pérez.
MERCADOS
A Feira Medieval do 2012 afondará na historia de Santiago e chegará a máis partes da cidade
A concelleira de Mercados, Reyes Leis, fixo balance da Feira Medieval celebrada do 30 de setembro ao 2 de outubro. Cualificouna de "éxito total", tanto pola afluencia de público como pola satisfacción expresada por veciños, comerciantes e hostaleiros. Esta foi unha Feira de transición cara unha edición de 2012 totalmente renovada e na que xa se está a traballar.
INFRAESTRUTURAS
A Escola Infantil de Salgueiriños contará cunha área de estacionamento
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, realizou unha visita á escola infantil de Salgueiriños, actuación incluída no Urbana Santiago Norte, iniciativa financiada con fondos FEDER. Unha vez resoltas algunhas deficiencias atopadas no proxecto, que obrigaron a prorrogar as obras, o seguinte obxectivo do Goberno municipal é poñer en marcha a escola e construír unha área de estacionamento inicialmente non prevista.
DEPORTES
Presentada a XXXIV Carreira Pedestre
A Carreira Pedestre chega neste 2011 á súa 34ª edición. A proba foi presentada en rolda de prensa na sede de El Correo Gallego, organizador da mesma. Alí estivo o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.