MEDIO RURAL
Un plan integral determinará os proxectos e servizos prioritarios para o rural
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, explicou as liñas básicas de traballo do seu departamento, de nova creación nesta lexislatura. Anunciou a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Rural (PDR), que "priorizará e secuenciará as obras, proxectos e servizos destinados ao rural compostelán". Confía en contar con algo máis de dous millóns de euros anuais para as diferentes actuacións nesta área.
ECONOMÍA
Santiago acolle o 10 e 11 de novembro as III Xornadas Internacionais de Coaching
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou a terceira edición das Xornadas Internacionais de Coaching, que se celebrarán os días 10 e 11 de novembro no edificio municipal Cersia. A concelleira estivo acompañada por un dos organizadores do evento, Daniel Álvarez, e Jacobo García, de Bic Galicia.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde compostelán con responsables da Garda Civil de Galicia e da Comandancia Militar da Coruña
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu o coronel Manuel Luis Arjonilla Ortega, comandante militar da Coruña. Posteriormente, conversou co xeneral xefe da Garda Civil de Galicia, Faustino Álvarez Sola.
ALCALDÍA
Conde Roa recibiu 18 estudantes eslovacos gañadores dun concurso sobre o Camiño
O alcalde compostelán, Xerado Conde Roa, recibiu en Raxoi un grupo de 18 estudantes eslovacos, gañadores dun concurso no seu país sobre o Camiño de Santiago dentro do programa COMENIUS, no seu apartado eTwinning.