ALCALDÍA
O Fórum Gastronómico manterá o seu nivel de calidade na edición de 2012
A edición 2012 do Fórum Gastronómico, a terceira que se realizará en Santiago de Compostela, celebrarase os días 26, 27 e 28 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. O certame manterá as súas liñas mestras e o seu nivel de calidade, malia a redución orzamentaria.
ALCALDÍA
O alcalde, convencido de chegar a un acordo cos tratantes de gando sobre Amio
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou que en vindeiros días se convidará os tratantes de gando para unha nova reunión para falar sobre o futuro do mercado de gando de Amio. Discutirase en torno ás dúas propostas que existen sobre a mesa para chegar a un acordo que o alcalde está convencido que se logrará.
XUNTA DE GOBERNO
Unha auditoría analizará a realidade económica do Concello e fixará procesos de xestión máis eficaces e eficientes
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, iniciou a contratación dun servizo para a realización dun diagnóstico económico-financeiro e dunha análise da situación de xestión e operativa do Concello e dos seus servizos. O prego de condicións establece que esta auditoría debe estar lista nun tempo máximo 20 semanas, se ben a realización da mesma nun tempo menor suporá unha mellora na puntuación.
ALCALDÍA
A Copa do Mundo, de novo en Santiago
A Copa do Mundo gañada pola Selección Española de fútbol no Mundial de Sudáfrica volve a estar en Compostela, traída por un dos patrocinadores do combinado español. Desta vez, os afeccionados puideron ver tamén o trofeo da Eurocopa.
ALCALDÍA
Conde Roa escoita as demandas dos veciños de Lavacolla, Casco Histórico e San Lázaro
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a tres asociacións veciñais. Primeiro pasou por Raxoi a asociación de veciños de Lavacolla, seguida da do Casco Histórico e, finalmente, da pertencente a San Lázaro.
ALCALDÍA
Encontro coa directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi a directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), encabezada polo seu presidente, Luis Menéndez.