DEPORTES
Boa parte da elite mundial do squash volve a reunirse en Santiago de Compostela
A pista de cristal instalada no centro comercial Área Central acollerá do 17 ao 22 de outubro a quinta edición do Torneo Internacional PSA e WISPA "Camiño de Santiago". Ademais, este ano celébrase o Campionato de España Absoluto do 14 ao 16 de outubro.
URBANISMO
A concelleira de Urbanismo recorda aos cidadáns a existencia dunha tramitación áxil para a apertura de actividades
A concelleira de Urbanismo, Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, compareceu en rolda de prensa para recordarlle aos cidadáns que dende hai meses está en vigor unha nova ordenanza de tramitación de actividades. Esta norma exime do trámite de licenza a determinados establecementos, substituíndoa por unha comunicación previa ou declaración responsable.
XUNTA DE GOBERNO
Resolta a convocatoria de bolsas de comedor escolar para o curso 2011/2012
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, resolveu a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para os centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil e primaria para o curso 2011/2012.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornadas sobre micoloxía e actividades en torno ao tren nos centros socioculturais
O Centros Sociocultural da Rocha acolle neste mes de outubro unha exposición, complementada cunha conferencia sobre o ferrocarril. Tamén neste mes, os días 21 e 22, o Centro Sociocultural de Conxo e a Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo organizan unhas Xornadas Micolóxicas.
ALCALDÍA
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España aproba o convenio de colaboración co Ministerio de Cultura
O alcalde compostelán e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Xerardo Conde Roa, presidiu en Segovia a sesión extraordinaria da Asemblea deste organismo. Na orde do día figuraba a aprobación do Convenio Marco de Colaboración co Ministerio de Cultura.