ALCALDÍA
O Concello colabora coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela mediante a achega de 8.500 euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, José Antonio Pais, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á asociación 8.500 euros para o desenvolvemento das súas actividades.
MOBILIDADE
As canceladoras da tarxeta metropolitana estarán listas antes de final de ano
A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a UTE Tralusa para o fomento da implantación da tarxeta metropolitana no ámbito na comarca de Santiago. Ademais, procedeuse a aceptar o compromiso de financiamento da adquisición das máquinas canceladoras necesarias.
PLENO
O Concello expresa a súa desconformidade coa nova Lei de Augas de Galicia e coa supresión do Noitebús
O Pleno da Corporación aprobou unha proposición de desconformidade coa nova Lei de Augas e co canon que esta establece. Tamén se manifestou contra a supresión do servizo de transporte público nocturno a lugares de lecer.
EDUCACIÓN
Os sete principais concellos de Galicia fixan a súa posición común en materia educativa ante a Administración autonómica
Como resultado da convocatoria realizada polos Concellos de Vigo e de Santiago, representantes das cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol mantiveron a primeira das xuntanzas coas que se da por constituído un espazo estable de reflexión e de acción conxunta arredor de diferentes temas educativos.