PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle unha exposición de óleos dun curso da Asociación de Mulleres Progresistas "Alba"
A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes, rúa Manuel Beiras, 3) unha exposición da Asociación de Mulleres Progresistas "Alba". A mostra exhibe os traballos realizados polas participantes no Curso de Pintura ao Óleo promovido pola devandita asociación.
EDUCACIÓN
Os nenos e nenas das escolas infantís de Santiago tamén peregrinan este Ano Santo
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou a peregrinación 4.004 pasiños, que realizarán os nenos e nenas das escolas infantís municipais de Santiago: As Fontiñas, Conxo, San Roque e Tambre. O percorrido farano o venres 22 de outubro, a partir das 10:30 horas. Ao remate, na praza do Obradoiro, serán recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
TRANSPORTES
O concelleiro de Transportes reclama á Xunta que retome a iniciativa para recuperar os voos internacionais de Ryanair
O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, compareceu en rolda de prensa para analizar o anuncio de Ryanair de retirar os voos que dende Lavacolla operaba cara Roma, Frankfurt e Londres. Cualificou esta noticia "un importante prexuízo para Santiago e unha discriminación máis da Xunta con Santiago de Compostela".
ALCALDÍA
Novo centro de formación para o emprego no polígono do Tambre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración no polígono do Tambre do novo centro de servizos centrais e formación de FOREM Santiago (Formación para o Emprego).
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O grupo ANATOLE elaborará unha guía de boas prácticas para facilitar os mercados de proximidade e as economías locais
As entidades que integran o Proxecto ANATOLE, entre as que figura a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, elaborarán unha guía de boas prácticas co obxectivo de facilitar aos territorios de incidencia do proxecto a posta en marcha de mercados de proximidade, e contribuír así a un maior desenvolvemento das economías locais. Acordouse na reunión celebrada en San Sebastián, á que asistiu o concelleiro Xosé Manuel Iglesias.