PLENO
O Plan parcial da Pulleira e o especial do Campus Universitario reciben a aprobación definitiva do pleno
Na mesma sesión deuse luz verde incialmente á modificación puntual do Plan xeral relativa ao incremento da densidade dos solos urbanizables non delimitados tipo A, e aprobouse definitivamente a modificación da Ordenanza reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais ao tempo que se resolveron as alegacións á mesma.
ALCALDÍA
O alcalde, "globalmente contento" co investimento do Estado en Santiago
Sánchez Bugallo considera que o goberno municipal debe estar "moi satisfeito, especialmente co Ministro de Fomento" a respecto do investimento que o Goberno central ten previsto investir na nosa cidade, un total de 157.220.030 euros.
CULTURA
A Compañía Nacional de Danza actúa no Auditorio de Galicia o sábado 2 e o domingo 3 de outubro
Mañá sábado e o domingo 3 de outubro a Compañía Nacional de Danza actuará no Auditorio de Galicia ás 21 horas dentro do ciclo da Concellaría de Cultura ‘SCQDanza’. Interpretará tres pezas do repertorio do director anterior do CND, Nacho Duato. O novo director artístico, Hervé Palito, sucedeuno en agosto deste mesmo ano.