ALCALDÍA
O Concello de Santiago, entre os máis transparentes de España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, valorou en rolda de prensa os resultados do Índice de Transparencia de dos Concellos 2009, elaborado por Transparencia Internacional España e recentemente presentado. Este informe sitúa a Santiago como o concello máis transparente entre os galegos e o número 15 de España.
CONSORCIO
O Consorcio e a editorial Alvarellos conmemoran cun libro o centenario da Exposición Rexional de 1909
Con motivo do centenario da Exposición Rexional Galega de 1909, o Consorcio de Santiago e a editorial Alvarellos publican Santiago, 1909, libro que fai un repaso do que foi un dos máis importantes acontecementos en Santiago no século XX.
FESTAS
A Carpacabaré encherá de música e bailes de can can as tardes da Alameda
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou nas escalinatas da Escola Infantil de Santa Susana (Alameda) a Carpacabaré e o desfile da Conmemoración do Centenario da Exposición Rexional de 1909. A compañía Femme Fatale porá a música e o baile de cabaré ás tardes do 25 ao 28 de xullo na Alameda.