ALCALDÍA
AGEDO incentivará a doazón de órganos en Galicia cun concerto de Lou Reed e Laurie Anderson no Obradoiro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Asociación Galega de Enfermos pola Doazón de Órganos (AGEDO), Jesús Pascual Pereira, e a outros integrantes da mesma. Na reunión, á que tamén asistiu a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, comunicáronlle ao alcalde a intención de patrocinar un concerto de Lou Reed e Laurie Anderson na praza do Obradoiro o 12 de xullo.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado un novo proxecto de alumeado ornamental para a Alameda
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de instalación de diverso alumeado ornamental na Alameda. A actuación consiste na implantación dunha serie de proxectores que, equipados con lámpadas de haloxenuros metálicos de alta eficiencia, proporcionarán unha iluminación de acento ou ornamental aos distintos monumentos.
ALCALDÍA
A Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro" prepara un congreso galego para 2010
As representantes da Asociación de Viúvas Rosalía de Castro foron recibidas en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín. A Asociación prepara un congreso galego para abril de 2010.
CONSORCIO
James Lovelock, Premio Fonseca 2009
James Lovelock (Hertfordshire, 1919), pioneiro na historia do desenvolvemento da conciencia medioambiental no mundo, é o gañador do Premio Fonseca de comunicación da ciencia na súa edición de 2009. Este premio, convocado ao abeiro do programa ConCiencia, recaeu en 2008 no tamén británico Stephen Hawking.
UMAD
A UMAD imparte un obradoiro para mellorar a comunicación entre pais e fillos adolescentes
O mércores 27 comeza o obradoiro Comunicarse cos adolescentes. Cando falamos, ¿quen nos escoita?, organizado pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). A actividade desenvolverase os días 27 de maio e 3, 10 e 17 de xuño na propia UMAD (Salgueiriños).
TURISMO
Turismo de Santiago presenta un avance do seu Plan Estratéxico 2009-2015 ao Consello Sectorial
O Consello Sectorial de Turismo do Concello de Santiago, no que están representados os axentes vinculados co sector turístico da cidade, reuniuse no Auditorio de Galicia. Na orde do día incluíase unha presentación do avance do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago para o período 2009-2015, un documento que marcará o camiño a seguir nestes anos para Turismo de Santiago.
CIDADE HISTÓRICA
A Comisión Asesora do Casco Histórico aproba a rehabilitación para auditorio do edificio de Caixanova e o proxecto do Museo de Historia Natural
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha nova sesión da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico. Na mesma deuse o visto bo ao proxecto do futuro auditorio Caixanova e ao edificio do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias".