TRANSPORTES
Os aparcadoiros de Xoán XXIII e Belvís únense á loita contra o alcohol ao voante
"Se bebes, déixao" é o título dunha nova campaña que pretende contribuír a sensibilizar aos condutores sobre a incompatibilidade de alcohol e condución. Grazas á mesma, os aparcadoiros de Xoán XXIII e Belvís permitirán realizar probas de alcoholemia de balde e deixar nos mesmos os vehículos a metade de prezo.
TRANSPORTES
O "Moucho Bus" funcionará na noite do Apóstolo
Con motivo da festividade do Apóstolo, o servizo "Moucho Bus" funcionará a noite do xoves 24 de xullo en tres liñas do transporte urbano.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Observatorio Estatístico actualizará permanentemente os datos da realidade de Compostela
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Estatístico 2008 e o microsite Observatorio Estatístico, ao que se accede a través da páxina web da Concellaría www.maiscompostela.org.
FESTAS
Medra a presenza dos máis novos na homenaxe ao traxe galego
O traxe tradicional galego non faltou á súa cita coas Festas do Apóstolo, e tampouco todos aqueles cidadáns, moitos deles moi novos, que lle renderon homenaxe vestíndoo polas rúas de Santiago. O Día do Traxe Galego cumpriu así a súa trixésima edición.
ALCALDÍA
Santiago e Assisi ratifican o seu irmandamento
Despois de que en maio se firmase o irmandamento na cidade italiana de Assisi, o xoves 24, ás 12 do mediodía, terá lugar a ratificación do acordo no Salón Nobre do Pazo de Raxoi. A cerimonia da sinatura estará presidida polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e polo seu homólogo, o alcalde de Assisi, Claudio Ricci. Tamén estarán presentes as corporacións municipais de ámbalas dúas cidades e representantes da cultura, do turismo e do tecido empresarial de Santiago.
FESTAS
La Mala Rodríguez presenta o seu último traballo tras o espectáculo dos fogos
A antesala do Día Grande de Galicia ven repleta de actividades organizadas para todos os públicos. A primeira cita do xoves 24 será ás doce da mañá coa animación polas rúas de gaiteiros e o encontro de xigantes e cabezudos na Quintana. Ademais, como novidade, haberá unha sesión de pirotecnia entre os edificios do Cabido e o Concello.
CIDADE HISTÓRICA
Once empresas optan a pór en marcha a rede WiMAX para a Cidade Histórica
Constituíuse a mesa de contratación de subministro e posta en marcha da rede WiMAX na zona vella, presidida pola concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira. Nesta sesión abríronse as plicas do concurso público e verificouse que todas as empresas que se presentaron tiñan entregado toda a documentación correctamente.