EDUCACIÓN
Trescentos rapaces participan cada día na edición de xuño da Escola de Verán
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, visitou as Escolas Municipais de Verán de Pío XII, Fontiñas, Colexiata de Sar e Quiroga Palacios, con motivo da posta en marcha desta iniciativa. Estes espazos educativos e de lecer estarán abertos ata o 27 de xuño, e posteriormente do 1 ao 5 de setembro.
BENESTAR SOCIAL
O Concello únese a unha campaña de sensibilización social "Panos brancos contra a droga"
A campaña "Panos brancos contra a droga" é un movemento social de rexeitamento ás drogas e ao narcotráfico. Promóveo a Fundación Galega contra o Narcotráfico e este 2008 sae por primeira vez do Salnés para recalar en Santiago de Compostela cunha serie de actos previstos para o xoves 26 de xuño, data en que se celebra o Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.
ALCALDÍA
Cambio na xefatura do Aeródromo Militar de Lavacolla
O ata agora coronel xefe do Aeródromo Militar de Lavacolla, Miguel Pérez Herrero cambia de destino despois de catro anos en Santiago. Por este motivo acudiu a Raxoi para despedirse do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
Xosé Manuel Rial Fernández gaña o primeiro premio do II Concurso de Fotografía LGBT Aturuxo
Déronse a coñecer os premiados no II Concurso de Fotografía LGBT Aturuxo durante a inauguración da Mostra dos seleccionados no devandito concurso. O acto celebrouse no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (Casa da Xuventude), na praza do Matadoiro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O estudo urbanístico do polígono industrial do Tambre completarase coa información achegada polos empresarios
O 25 de xuño, ás 20:00 horas, o Centro Empresarial, sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, acollerá unha reunión de empresarios co obxectivo de recoller a máxima información posible para completar o estudo realizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo sobre a adaptación do urbanismo da zona á normativa vixente nesta materia.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O alcalde deu a coñecer ao Consello de Relacións Veciñais as novas da rede de transporte urbano
O martes 24 de xuño celebrouse a sesión ordinaria do Consello de Relacións Veciñais, presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, coa asistencia dos representantes do mesmo. Logo de aprobar as actas das reunións anteriores, procedeuse a expoñer as novas sobre o transporte urbano, para o que o alcalde estivo auxiliado polo concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, e polo xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera.