XUNTA DE GOBERNO
Visto bo á reposición do pavimento de varias rúas e á limpeza das pistas do rural
O Goberno local adxudicou definitivamente as obras de reposición de pavimento en diversas rúas da cidade e tamén ratificou a limpeza e desbroce de cunetas das pistas rurais do Concello. O investimento total nestas dúas actuacións será de 417.032 euros.
CONSORCIO
Frances E. Allen, Premio Turing 2006, primeira muller que se suma ao programa ConCiencia
Frances Elizabeth Allen, premio Turing 2006, será a primeira muller que se incorpore á galería de personalidades que teñen pasado por Compostela ao abeiro do programa ConCiencia, organizado pola Universidade de Santiago e colaboración co Consorcio de Santiago e a Fundación Caixa Galicia.
SEGURIDADE CIDADÁ
Santiago quedará cun Parque de Bombeiros municipal mellorado e cunha nova infraestrutura
A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, anunciou que o Parque de Bombeiros de Santiago terá unicamente ámbito municipal, tras a decisión da Xunta de construír o parque comarcal en Ames ou Brión, probablemente o primeiro. Deste xeito, segundo destacou, o parque compostelán quedará "coa situación que antes tiña, pero con novo material, máis efectivos e unha nova infraestrutura en Salgueiriños".
CONSORCIO
Presentados os primeiros tomos da colección xuvenil do Consorcio sobre as figuras do Mestre Mateo e Diego Xelmírez
O mestre Mateo e Diego Xelmírez son as figuras arredor das cales vota a andar a nova colección xuvenil do Consorcio baixo o lema de Historias de Santiago, en colaboración con Edicións Nigra Trea. As dúas publicacións foron presentadas polo alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo.