INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Todo listo para o comezo das obras na rúa Valle-Inclán
Dende o luns 9 de xullo permanecerá pechado ao tráfico a rúa Valle-Inclán, por mor do comezo das obras de urbanización desta rúa. As tres fases desta actuación durarán nove meses e permitirán un cambio moi significativo do aspecto desta rúa, con beirarrúas máis amplas, unha calzada de seis metros de enlousado e diversos elementos complementarios. A obra terá un custo de 1.600.000 euros.
ALCALDÍA
Máis de 1.000 persoas reuniranse en Compostela no XII Congreso da Confederación Española de Transporte de Mercancías
O presidente e o secretario xeral da Confederación Española de Transporte de Mercancías (CETM), Marcos Montero e Miguel Valverde Jiménez, pasaron pola Casa do Concello, onde se reuniron co alcalde Sánchez Bugallo. Anunciáronlle que, en setembro de 2008, Santiago acollerá o XII Congreso da entidade.
PARQUES E XARDÍNS
O Parque da Constitución incorpora novos espazos deportivos e para os maiores
Tras a área de xogos infantís inaugurada hai uns meses, o Parque da Constitución incorpora agora novos elementos para todas as idades. Trátase dun circuíto biosaudable, outro destinado especificamente aos maiores e espazos concretos para a mocidade.
CULTURA
Compostela celebrará tamén o Día do Orgullo LGBT
O sábado 7 de xullo, Compostela acollerá os actos de celebración do Día do Orgullo LGBT. Baixo o lema "Vive e deixa vivir", as prazas e rúas da cidade acollerán diversas convocatorias que pretenden ser lúdicas e reivindicativas ao mesmo tempo.
CONSORCIO
O Consorcio e a USC poñen en marcha o "Proxecto URBE"
Co nome de "Proxecto URBE", o Consorcio de Santiago e a Universidade presentaron unha iniciativa que consiste na sistematización das fontes documentais compostelás para posteriormente facelas accesibles a través de Internet. Isto posibilitará o inventariado, catalogación e dixitalización destes materiais, de interese para a historia da cidade, e facilitará a súa consulta "on line" para investigación e divulgación.
ALCALDÍA
O Camiño, percorrido de convivencia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a 100 escolares que están a participar dende o 27 de xuño no espazo de aventura "Camiño de Encontros", unha actividade organizada pola Obra Social de Caja Laboral. Esta iniciativa ten como as súas dúas grandes referencias a convivencia entre os mozos e a ruta do Camiño de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O programa de apoio á eliminación de barreiras atendeu máis de cen servizos dende o seu inicio
O Programa de apoio á eliminación de barreiras á inserción socio-laboral, que está a desenvolver de xeito gratuíto a Concellaría de Promoción Económica e Emprego, atendeu 111 servizos dende que comezou a funcionar, o 15 de xaneiro. Neste tempo, as seis mulleres contratadas a través do programa realizaron 1.142 horas de servizo, botando unha media de catro horas con cada usuario.