FESTAS
Xosé Baqueiro amosa a súa satisfacción pola "alta participación e civismo" nas Festas do Apóstolo
O concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, fixo balance das Festas do Apóstolo na súa última xornada. Foron dezanove días "moi intensos", con máis de setenta actividades, marcadas pola "alta participación".
ALCALDÍA
O alcalde ofrécelle a máxima colaboración municipal ao novo Valedor do Pobo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu e Raxoi ao novo Valedor do Pobo, Benigno López González, que tomou posesión do seu cargo perante o Parlamento o 27 de xullo.
EDUCACIÓN
Máis de 50 rapaces do campamento Don Bosco coñeceron a Casa do Concello
Como xa é tradicional, os participantes do campamento de verán da escola Don Bosco, tiveron como parte das súas actividades unha visita á Casa do Concello.
TURISMO
Ródase en Santiago a longametraxe "A noite que deixou de chover"
Nos meses de agosto e setembro filmarase en Compostela a longametraxe "A noite que deixou de chover", dirixida polo compostelán Alfonso Zarauza e protagonizada por Luís Tosar. O filme conta coa colaboración do Concello de Santiago a través da súa Santiago de Compostela Film Commission, que asinou un convenio coa produtora.
CULTURA
A universidade do clown europea abriu as súas portas con 280 prazas cubertas
Comezou o Festiclown e fíxoo cos cursos do Formaclown, aos que xa se lle pode denominar a Universidade do clown europea. Abriu as súas portas con 280 alumnos, a cifra máis elevada da historia desta escola de formación. Os cursos continuarán ao longo de toda a semana e o público podera ser testemuña dos seus froitos, xa que os alumnos e alumnas farán demostracións do aprendido nas rúas e prazas da cidade. En concreto, o mércores 1 estarán os alumnos do curso de Claudia Contín a partir das 19:00 horas na...