URBANISMO
A principios de 2008 estarán en execución ou contratados os últimos polígonos previstos no PXOU, cunhas 3.600 vivendas
Os últimos polígonos de vivendas previstos no pechado Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) e contemplados no programa da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) estarán en execución ou contratados a principios de 2008, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. As obras de urbanización dunha destas superficies, a do SUNP-14, en Tras Paxonal, foron adxudicadas no Consello de Administración da empresa municipal celebrado en Raxoi, por un importe de 3.943.005 euros.
URBANISMO
Alugueres de 336 euros mensuais para as primeiras vivendas do Programa de Edificios Tutelados
O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) aprobou a proposta de intervención no inmoble situado na rúa do Medio, 65, que se converterá así no primeiro en marcha do Programa de Edificios Tutelados. Este edificio será rehabilitado e Emuvissa asumirá a súa xestión por un período de 17 anos. Quedarán tres vivendas e un baixo, que serán alugados por 336 euros mensuais.
SEGURIDADE
O alcalde felicita aos corpos de seguridade polo seu labor nas Festas
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou as súas felicitacións aos corpos de seguridade "pola súa presenza e intervencións" nas Festas, especialmente nas inmediacións do 25 de xullo. Así, expresou a súa satisfacción porque non se tivera producido ningún "disgusto" nestas datas.
URBANISMO
Sánchez Bugallo cre que o Plan Especial de Brandía "vai mellorar a calidade dos veciños"
O alcalde compostelán valorou a "necesaria" aprobación do Plan Especial de protección e rehabilitación do conxunto fabril da antiga papeleira de Brandía no Pleno do 26 de xullo, aínda que indicou que "tería sido perfecto que non fora un tema conflitivo". Sánchez Bugallo indicou que o proxecto "vai mellorar a calidade dos veciños e redundará en beneficio de todos".
FESTAS
O alcalde convida aos padroneses a sentir Santiago como a súa cidade
Como en cada edición das Festas do Apóstolo, celebrouse o Día de Padrón. Nesta ocasión, a delegación padronesa viña encabezada polo novo alcalde, Camilo Forján Seoane, quen foi recibido na praza do Obradoiro polo rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
FESTAS
Estrella Morente chega a Santiago para presentar a súa homenaxe ao mundo feminino
A cantaora flamenca Estrella Morente presenta o sábado 28 en Santiago, o seu último traballo: "Mulleres". A cita será na Quintana ás 23:00 horas. Neste disco a cantante granadina rende unha homenaxe ás mulleres a través dunha ampla gama de sons e estilos, que inclúen alegrías, tangos, bulerías, soleás, tarantas e cancións clásicas. Arroupada por un gran cadro flamenco, de ben seguro non decepcionara aos que acudan a este concerto.
DEPORTES
A Volta Ciclista a España visitará Compostela
Seguindo coa liña de colaboración existente entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, está previsto que o domingo día 2 de setembro chegue á nosa cidade a Volta Ciclista a España 2007, para o que se asinará o correspondente convenio en breve.
CULTURA
O Festiclown levará a risa e a solidariedade as rúas de Compostela con máis de 120 actuacións
O luns 30 de xullo arrinca o Festiclown, Festival Internacional de Clown de Galiza, un dos eventos máis emblemáticos da nosa cidade que enche as rúas e as prazas de Compostela de risa e solidariedade cada primeira semana de agosto. O pistoletazo de saída darao o Formaclown, programa de cursos de formación do Festiclown, e xa o mércores 1 de agosto comezarán os espectáculos que se manterán na cidade ata o domingo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O técnico encargado da avaliación de Equal visita varias empresas para coñecer o desenvolvemento do proxecto
Un técnico de Estrutura de Apoio Equal, pertencente á Unidade Administradora do Fondo Social Europeo visitou o 26 e 27 de xullo varias empresas creadas no marco deste programa de fomento da cultura emprendedora e reuniuse con responsables e persoal de Equal Compostela Social, para coñecer o impacto do proxecto sobre o terreo.