DEPORTES
Os xogadores de baloncesto do futuro compiten en Compostela no Campionato de España Infantil
Do 19 ao 24 de xuño dispútase en Santiago de Compostela o XXVIII Campionato de España Infantil de clubs, tanto en categoría masculina como feminina.
DEPORTES
A esgrima, a loita, o xadrez e o tenis de mesa, protagonistas na Compostela Cup 2007
A Compostela Cup 2007 "Camiño de Santiago" non só vive da competición. Ademais das distintas fases que se disputan de fútbol, fútbol sala, baloncesto e balonmán, realizaranse distintas actividades complementarias. Deportes como o xadrez, a esgrima, o tenis de mesa e a loita terán o seu lugar no evento.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música pechou o curso cun concerto no Principal
Os alumnos e alumnas da orquestra e do coro da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto no Principal. O concerto servía para pechar o curso e fixo un percorrido por diferentes estilos musicais procedentes de diversos países do mundo.
ALCALDÍA
O alcalde asina en Madrid o acordo de cesión da biblioteca e da colección pictórica privada de Eugenio Granell á súa Fundación
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxou a Madrid para asinar ante notario o acordo polo que a viúva de Eugenio Granell, Amparo Segarra, cede á Fundación que leva o nome do artista a súa biblioteca e a súa colección pictórica privada.
COMERCIO
O Servizo de Asesoramento ao Comercio atendeu máis de 60 entrevistas desde a súa creación
O Servizo de Asesoramento ao Comercio (SAC), pertencente á Concellaría de Promoción Económica e Comercio, atendeu 66 entrevistas con cita previa dende que empezou a funcionar, no mes de febreiro. As entrevistas teñen unha duración media de unha hora. Arredor do 60% das consultas foron realizadas por novos emprendedores. A maioría demandaban información sobre como elaborar un Plan de Empresa. O outro 40% correspondeu a consultas de comerciantes que, sobre todo, solicitaban estratexias para mellorar a captación de clientes, mediante...