CENTROS SOCIOCULTURAIS
O local social de Cardeal Quiroga gaña a sétima edición do concurso de beléns
O departamento de Centros Socio Culturais fixo público o resultado do concurso de beléns e de decoración de Nadal convocado dentro da súa rede de equipamentos. Este ano foron 11 os centros que se presentaron.
CONSORCIO
Unha nova publicación recorda a vida das monxas de San Paio entre 1499 e 1899
"Informaciones de las monjas que habitaron en el Monasterio de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela desde 1499 á 1899" é o título do libro dunha nova publicación do Consorcio de Santiago, obra de Madre María Mercedes Buján Rodríguez, gran coñecedora dun dos arquivos más ricos da cidade. Nel presenta a orixe, a vida e a linaxe das monxas que pasaron por este mosteiro, moitas das cales pertenceron ás máis nobres familias da fidalguía galega do momento.
ALCALDÍA
O Concello recupera para o uso público unha zona verde na rúa do Olvido
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou na Casa do Concello un convenio de colaboración con Emilio-Damián Penas Gerpe, en representación da sociedade mercantil Santiago Sur.
ALCALDÍA
Os veciños de San Pedro coñeceron de primeira man as características do Plan especial do parque de Belvís
Representantes do Club Deportivo Belvís, do Centro Xuvenil Don Bosco, do San Pedro Fútbol Club e das asociacións de veciños "A Xuntanza" e "Amigos de San Pedro" acudiron a Raxoi para manter unha xuntanza co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.