SEGURIDADE
O Plan Municipal de Emerxencia establecerá os riscos potenciais en Compostela e os mecanismos de actuación fronte aos mesmos
O Goberno local adxudicou, por un importe de 47.550, a asistencia técnica para a elaboración, implantación e actualización do Plan de Emerxencia Territorial de Protección Civil de Santiago de Compostela. Nun prazo de dous meses estará listo este Plan, que determinará as actuacións a levar a cabo ante calquera situación de risco na cidade.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico debate a admisión de novos membros
Os criterios para a admisión de novos membros foi o principal punto da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, celebrada en Santiago baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PARQUES E XARDÍNS
Inaugurada a nova zona recreativa de Lamascal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova zona recreativa de Lamascal, actuación para a cal o Concello de Santiago de Compostela destinou 75.000 euros.
PARQUES E XARDÍNS
Novas áreas de lecer en Meixonfrío e Figueiras
Os veciños de Meixonfrío e Figueiras contan xa con novas áreas de recreo nas súas zonas. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o parque Pozo da Neve (Meixonfrío), e a praza "José Carballal" (Figueiras).
ALCALDÍA
Compostela foi escenario da presentación do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller
O Palacio de Congresos acolleu a presentación do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller. Centos de cidadáns de diversas partes de Galicia acudiron a este acto.
INFRAESTRUTURAS
A nova terminal de Lavacolla terá capacidade para máis de catro millóns de pasaxeiros
Para o ano 2010 Santiago contará cunha nova terminal aeroportuaria con capacidade para máis de catro millóns de pasaxeiros, o tráfico previsto para o ano 2020. O proxecto do novo edificio inclúe tamén un aparcadoiro con capacidade para uns 3.700 vehículos, as glorietas e vieiros de acceso e a urbanización da zona.
TRANSPORTES
O Concello repartirá 15.000 chalecos reflectantes entre os maiores
"Faite ver" é o título dunha nova campaña coa que se quere mellorar as condicións de seguridade dos maiores cando circulan pola estrada. Repartiranse 15.000 chalecos co obxecto de facelos máis visibles, con especial atención ao rural.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E CULTURA
Os ritmos do mundo inundan Compostela nunha nova edición do "Move'm Cult & Danza"
A V edición do "Move'm Cult & Danza. Festival dos ritmos do mundo" volve a traer á cidade unha mostra representativa de diversas culturas. O Centro Sociocultural de Vite será o escenario principal das actividades, que se celebrarán do 7 ao 13 de maio.
CULTURA
Convenio de Cultura coa Sala Yago para a o desenvolvemento da súa programación
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asinou un convenio de colaboración coa Sala Yago, polo que o departamento que dirixe achegará a contía de 25.000 euros para o desenvolvemento da programación cultural deste espazo. No acto de sinatura tamén estivo presente, por parte da Sala Yago, a actriz Luma Gómez.
CULTURA E EDUCACIÓN
O Centro de Formación e Creación Cultural estará funcionando no verán
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego; a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos e o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, visitaron esta as obras do centro de Formación e Creación que se está a construir a carón do CEIP Santiago Apóstolo. As obras, que consisten na rehabilitación dun edificio anexo ao do Colexio, marchan segundo o previsto, polo que rematarán no mes de maio. Polo tanto, o centro, que segundo a concelleira de Educación se converterá en "punto de referencia para os novos...