PARQUES E URBANISMO
O Concello recupera os xardíns do Pazo de Amarante para o uso cidadán
Os xardíns do Pazo de Amarante volverán a ter un uso público, segundo anunciaron as concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao. Así se formalizará en breve nun convenio, tal como se acordou na reunión que mantiveron as dúas edís coa secretaria xeral do Patrimonio, Rosa Pedrosa, e co director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel.
URBANA SANTIAGO NORTE
Presentado o documental "A educación: hoxe, onte,... e antonte"
Presentouse na Casa das Asociacións de Cornes o documental A educación: hoxe, onte,… e antonte, dirixido polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais en colaboración co Programa Municipal de Educación de Rúa.
ALCALDÍA
O Nobel Richard Schrock cumpre co seu desexo de 40 anos de visitar Santiago
O Programa ConCiencia 2011 trouxo desta vez a Santiago ao Nobel de Química en 2005, Richard Schrock. Horas antes de pronunciar unha conferencia, o científico e a súa dona foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xerado Conde Roa, e a Corporación municipal.
MOBILIDADE
O servizo de aluguer de bicicletas interrómpese temporalmente durante os meses de outono e inverno
O servizo de aluguer de bicicletas (Combici) suspéndese temporalmente durante os meses de outono, inverno e principio da primavera. A decisión obedece á significativa baixada de usuarios, fundamentalmente turistas, que este servizo sofre no devandito período. Non obstante, os principais usuarios deste sistema alternativo de transporte, os universitarios, teñen perfectamente cubertas as súas necesidades co servizo ofrecido pola propia Universidade de Santiago. A interrupción producirase a partir do vindeiro domingo 13 de novembro.
ALCALDÍA
O alcalde, satisfeito cos máis de 420.000 viaxeiros que xa transportou o autobús público ao aeroporto de Lavacolla
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, realizaron unha viaxe no autobús da liña de transporte público ao aeroporto, só uns días despois da entrada en funcionamento da última das tres unidades de plataforma baixa previstas para o servizo. Xunta e Concello traballan agora para achegar a parada de Doutor Teixeiro máis ao centro e para levar o autobús ata estación de ferrocarril.
BENESTAR SOCIAL
Conclúen os obradoiros de acollida para inmigrantes "INTÉGRA-T"
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais desenvolveu do 8 ao10 de novembro os obradoiros INTÉGRA-T. Procuraron dar resposta ao sentimento de falta de información do colectivo inmigrante da Zona Urbana Santiago Norte que chegou a cidade de Santiago en datas recentes, fomentando a súa integración social e paliando o sentimento de desarraigo destas persoas.
ECONOMÍA
Máis de 200 persoas participan nas Xornadas Internacionais de Coaching
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, asistiu á inauguración das Xornadas Internacionais de Coaching (XIC), que se celebran no Cersia. Na inauguración tamén participaron a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a directora xeral do BIC Galicia, Maite Cancelo. Nestas xornadas, únicas en España, participan máis de 200 persoas procedentes de todo o país e mesmo do estranxeiro.
CULTURA
O Auditorio de Galicia acollerá a gala de entrega do Premio Cineuropa a Jorge Drexler
Jorge Drexler, segundo dos premios Cineuropa 2011, recollerá o galardón nunha gala especial que se celebrará o martes 15 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, e non no Teatro Principal como en principio estaba previsto.
ALCALDÍA
Concello e Xunta xestionarán ante o Ministerio de Medio Ambiente un cambio de ubicación para a depuradora da Silvouta
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, solicitarán ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, un cambio de ubicación da futura depuradora da Silvouta. Así o acordaron nunha reunión celebrada en Raxoi o alcalde, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.
CULTURA
Aitana Sánchez-Gijón recibe o premio Cineuropa na súa XXV edición
Aitana Sánchez-Gijón foi a protagonista absoluta da gala de apertura da XXV edición de Cineuropa, que se celebrou no Teatro Principal.