ALCALDÍA
Catrocentas persoas de corenta nacionalidades participarán nos cursos de verán para extranxeiros da USC
Catrocentas persoas de corenta nacionalidades distintas participarán este mes de xullo nos cursos de verán de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros e de formación para profesores de español como lingua estranxeira que organiza Cursos Internacionais da USC.
BENESTAR SOCIAL
O Goberno local tomará medidas para evitar a participación de menores nos botellóns
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, anunciou a solicitude dunha reunión co Valedor do Pobo, Benigno López, co fin de falar sobre "as actuacións que debemos tomar de forma inmediata" en relación á participación de menores en botellóns.
ALCALDÍA
Concello e Cámara de Comercio coinciden na demanda de emprendedores para a cidade
O alcalde compostelán reuniuse co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey. Xerardo Conde Roa amosou a súa dispoñibilidade a colaborar coa Cámara naquelas cuestións ao alcance do Concello e a iniciar un traballo conxunto en diversas materias.
ALCALDÍA
O novo presidente da Sociedade Deportiva Compostela explicoulle o proxecto do club ao alcalde
O presidente da Sociedade Deportiva Compostela, Antonio Quinteiro, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, ao que lle lle explicou o proxecto do club nesta nova etapa.
ALCALDÍA
Conde Roa escoitou as reividicacións dos veciños da parroquia da Barciela
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou a zona de Barciela. Alí mantivo un encontro cos veciños, que lle comentaron as súas principais reivindicacións para a parroquia.
MOBILIDADE
Casas Novas recupera o servizo de transporte urbano durante as fins de semana do verán
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez Aldrey, anunciou que o barrio de Casas Novas terá servizo de autobús urbano durante as fins de semana. Dáse así resposta a unha vella demanda dos veciños, que viñan reivindicando este servizo, que xa se suprimira o verán pasado.
CULTURA
Ábrese o prazo de presentación de propostas artísticas para os Abrazos Off
O Festival dos Abrazos, que organiza a Concellaría de Cultura, volve aos espazos singulares de Compostela no mes de agosto. Como xa sucedeu en anos anteriores terá unha sección, os Abrazos Off, que abre o festival ás propostas artísticas da cidadanía.
ALCALDÍA
Conde Roa fai un chamamento á calma e á confianza na localización do Códice Calixtino
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, indicou que a desaparición do Códice Calixtino é "un golpe moi forte para a cidade", pero quixo facer un chamamento a "manter a calma" e a confiar na localización do exemplar.
PLENO
O Pleno aproba a redución do réxime de dedicacións exclusivas e persoal de confianza
No primeiro Pleno da nova Corporación, neste caso extraordinario e urxente, aprobouse o réxime do persoal eventual e de dedicacións exclusivas dos concelleiros. Tamén se determinaron os integrantes das diferentes comisións e dos organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais.
ALCALDÍA
O Goberno municipal garante a presenza da oposición no Consorcio de Santiago
Unha vez reunida a Xunta de Voceiros municipais, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou que "os dous grupos municipais da oposición van ter representación no Consorcio de Santiago". Na xuntanza falouse do nomeamento de representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos e empresas públicas, así como da composición das diferentes comisións. Esta será unha cuestión que se aprobará no Pleno extraordinario previsto para a tarde desta mesma xornada, a partir das 18:30 horas.