CULTURA
O concelleiro de Cultura valora a inclusión en Música en Compostela dun programa de concerto dedicado a autores galegos
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, valorou moi positivamente que o concerto da Real Filharmonía do xoves 4 de agosto, dirixido por Maximino Zumalave, estea integramente dedicado a autores galegos, "tres dos cales son actuais, e constitúen un bo exemplo da creatividade musical de Galicia nos últimos anos. As obras do programa son Hermes, de Octavio Vázquez (1972), O mencer dos soños, de Xavier de Paz (1963), Concertino para orquestra de corda, de Federico Mosquera (1986), e o Concerto para trompa, de.../em>/em>
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras de rehabilitación do antigo curtidoiro do parque de Belvís
A Xunta de Goberno adxudicou as obras de rehabilitación do edificio destinado a catalizador cultural no parque de Belvís, incluído no programa Urbana Santiago Norte. Na mesma sesión tamén se deu conta da autorización para unha aula mixta en horario de tarde nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas e da convocatoria das subvencións para o deporte federado.
ALCALDÍA
Reunión entre Concello, Cámara e AENA para falar da terminal de carga de Lavacolla
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e a secretaria xeral desta entidade cameral, Filomena Casal, entrevistáronse en Madrid co presidente de AENA, Juan Lema, e co director de Aeroportos, Javier Marín.