CULTURA
Unha exposición na Alameda ofrece un itinerario visual polos ecosistemas de España
A Alameda acolle a exposición Biodiversidade en España, organizada pola Fundación Biodiversidade, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Repsol, coa produción de Lunwerg Editores.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago de Compostela asume a presidencia do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España
Coa súa toma de posesión o 1 de xullo, o alcalde de Santiago, Xerado Conde Roa, asumiu tamén a Presidencia do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este cargo é rotativo entre os alcaldes de cada unha das cidades e ten unha duración dun ano.
ALCALDÍA
Conde Roa avoga por un axuste orzamentario e por un cambio de formato para o Fórum Gastronómico 2012
Tras manter unha reunión cos organizadores do Fórum Gastronómico, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, indicou que o Concello cre necesario un axuste orzamentario neste evento e tamén algún cambio de formato no mesmo. En particular, a principal esixencia municipal é que a empresa sexa a que asuma a organización do Fórum e que as Administracións, e entre elas o Concello, axuden coas súas achegas.
DEPORTES
Recibimiento aos deportistas composteláns participantes nos Xogos do Eixo Atlántico
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, saudaron aos participantes na IX edición dos Xogos do Atlántico, celelebrada na localidade portuguesa de Matosinhos do 3 ao 8 de xullo. 62 deportistas composteláns (36 mozos e 26 mozas) participaron nesta competición.
BENESTAR SOCIAL E SEGURIDADE CIDADÁ
Paula Prado e Albino Vázquez falaron co Valedor do Pobo sobre medidas para evitar o consumo de alcohol por menores
Os concelleiros de Benestar Social e Familia, Paula Prado, e de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, reuníronse co Valedor do Pobo, Benigno López. Na xuntanza falaron sobre as recomendacións que a institución realiza para evitar o consumo de alcohol entre menores e sobre posibles medidas a adoptar.
ALCALDÍA
O alcalde e o secretario xeral iberoamericano afianzan os lazos entre Santiago de Compostela e América Latina
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co secretario xeral iberoamericano, Enrique Iglesias. Tras unha recepción no Salón Nobre, ambos visitaron a Cidade da Cultura, acompañados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.
ALCALDÍA
O Goberno local adoptará unha decisión inmediata sobre o Fórum Gastronómico tras unha reunión cos organizadores
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, mantiveron un encontro de traballo con representantes de Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca. Tras a reunión, o rexedor expresou o seu desexo de "seguir mantendo unha relación directa, fluída e constante" cos hostaleiros composteláns.
FESTAS
O Concello avanza un programa de festas de calidade malia a austeridade do orzamento
Os concelleiros María Castelao e Adrián Varela presentaron un avance das festas do Apóstolo, que terán finalmente 11 días. Serán unhas festas austeras no seu orzamento, cunha redución do 66% respecto das anteriores, pero cun programa de calidade, a pesar igualmente da premura do tempo para a configuración do mesmo.
CIDADE HISTÓRICA
Santiago de Compostela recibe en Lleida o Premio Cidades Patrimonio da Humanidade
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, recolleu en Lleida o Premio Cidades Patrimonio da Humanidade 2010, outorgado á Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación (OCiHR) polo Ministerio de Cultura, no marco da cerimonia de entrega dos Premios Nacionais de Cultura, presidida polos príncipes de Asturias.
CONSORCIO
A praza do Obradoiro acolle unha nova edición do Concurso de Canteiros
A terceira edición do concurso Canteiros no Obradoiro terá lugar o sábado 16 de xullo na praza do Obradoiro e consistirá nunha proba de labrado manual dunha lousa como as que conforman o pavimento da Cidade Histórica.